Sintaxis

Páginas: 55 (13697 palabras) Publicado: 1 de noviembre de 2014
García-Miguel, José M. e Carmen Cabeza (2000): "Sintaxe", capítulo 13 de F. Ramallo, G. ReiDoval e X.P. Rodríguez Yánez (eds): Manual de Ciencias da Linguaxe. Vigo: Xerais.

SINTAXE
José M. García-Miguel e Carmen Cabeza
(Universidade de Vigo)

1. Introducción
1.1. Construccións sintácticas
1.2. Perspectivas sobre o lugar da sintaxe na teoría lingüística
2. Relacións sintácticas
2.1.Constituíntes
2.2. Relacións de dependencia
2.3. Funcións sintácticas
3. Unidades sintácticas
3.1. A categorización sintáctica
3.2. Palabras e frases
3.3. Cláusulas e oracións
3.4. Escala de rango e recursividade. Coordinación
4. Sintaxe, semántica e discurso na estructura da cláusula
4.1. Predicados e argumentos
4.2. Estratos relacionais na cláusula
4.3. A organización sintáctica dacláusula
Glosario
Exercicios
Bibliografía comentada
Outras referencias bibliográficas

García-Miguel, JM. e C. Cabeza (2000): "Sintaxe": Manual de Ciencias da Linguaxe.

1. Introducción
1.1. Construccións sintácticas
A sintaxe ten que ver primariamente coa combinación sintagmática de signos para formar
estructuras progresivamente máis complexas. Estas estructuras chámanse construcciónssintácticas. Polo tanto, en toda construcción sintáctica esperamos atopar dous ou máis signos e (moi
importante) certas relacións entre os compoñentes da construcción. Vexamos algún exemplo.
Nun texto de Manuel Rivas aparece algo semellante ao seguinte:
(1) A nai palillaba flores de encaixe na cociña

Ten certo sentido (ou certa función) que construamos a xunto con nai, podemos recoñecer
aconstrucción flores de encaixe que nos serve para denominar certa clase de flores, e sobre todo
podemos entender por esa expresión que alguén (a nai) facía algo (palillaba) para fabricar algo
(flores de encaixe) nun lugar (a cociña), mesmo se non sabemos quén é esa nai, ónde fica esa
cociña ou quizais nin sequera como se palillan as flores de encaixe.
Claro que non é o único que podemos dicir conesas palabras. Mantendo as palabras de
significado léxico (e axustando o imprescindible as de significado gramatical), tamén poderiamos dicir
(2) A nai palillaba encaixe de cociña nas flores

que quizais soe un pouco absurdo pero que é perfectamente comprensible con tal que esteamos
dispostos a admitir a relación conceptual entre cociña e encaixe e a concibir as flores como unha
localización.En definitiva, cos mesmos elementos podemos formar diferentes agrupacións conceptuais, seguindo uns modelos estructurais que se repiten dunhas construccións a outras: encaixe de cociña segue o modelo de flores de encaixe, mentres que nas flores segue o modelo de
na cociña.
A necesidade de seguir uns modelos estructurais é o que fai que non todas as combinacións
de palabras que poidamos imaxinardean lugar a construccións gramaticais. Non é viable a combinación seguinte na que se colocan arbitrariamente as mesmas palabras.
(3) * Cociña encaixe flores palillaba nai a na de

Isto xa non ten xeito ningún, mesmo se entendemos sen dificultade o significado de cada palabra.
O relevante do exemplo que acabamos de poñer é que non abonda con coñecer as palabras
dunha lingua para falala ecomprendela. O significado global dunha secuencia comprende tamén
cando menos as relacións que se establecen entre as partes dunha construcción. Neste capítulo
imos ver cómo son esas relacións que unen as palabras na formación de construccións sintácticas
e cómo desas relacións se derivan certos modelos estructurais que nos permiten recoñecer categorías sintácticas. Pecharemos o capítulo cunhabreve introducción ás relacións entre sintaxe,
semántica e discurso. En todos os apartados se presentarán só conceptos básicos deixando fóra
moitos dos problemas que xorden ao desenvolvelos máis detalladamente e, sobre todo, deixando
fóra na medida do posible a discusión entre diferentes opcións teóricas e terminolóxicas. Con
todo, cremos imprescindible facer unha breve mención ás principais...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sintáxis
  • Sintaxis
  • sintaxis
  • Sintaxis
  • Sintaxis
  • sintaxis
  • La Sintaxis
  • Sintaxis

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS