Sistemas de riego por gravedad

Páginas: 10 (2496 palabras) Publicado: 10 de noviembre de 2014

TEMA 7


SISTEMAS DE REGA POR GRAVIDADE








1. CARACTERÍSTICAS DO SISTEMA DE REGA POR GRAVIDADE


A rega por gravidade ou por superficie inclúe varios sistemas de rega que teñen como característica común que a auga flúe pola superficie do terreo por gravidade ata cubrir toda a superficie da parcela. É o sistema de rega máis extendido polo mundo. Aínda quea tendencia actual é o proxecto de sistemas de rega a presión no noso país segue sendo a rega por superficie a máis extendida. No ano 2001 en España o 14,5% da superficie agrícola útil que representaba o 60% da área regada facíase con rega por gravidade.
A característica principal da rega por superficie é que o propio solo é o sistema de distribución da auga. Non é necesario dispoñer de complexasestructuras de distribución de auga nin de presurizala, o que é unha ventaxa económica.
Este tipo de rega adáptase mellor a solos profundos e con alta capacidade de retención de auga. Ten a eficiencia máis baixa comparado con outros sistemas de rega, entre o 40 e o 50%.
Cando o sistema de rega por superficie está mal deseñado ou non se manexa adecuadamente as ventaxas que ten vense anuladas poroutros costes que poden estar ligados ó sistema como unha elevada necesidade de man de obra, disminucións na producción ou baixa eficiencia no uso da auga.
Se o sistema está ben deseñado ten que haber un equilibrio entre o proceso de avance da fronte da auga e a infiltración da auga no solo para que a lámina infiltrada en cada punto sexa similar. Para que a rega sexa eficiente precisa que todasas prantas da parcela reciban a mesma cantidade de auga e ademáis esa cantidade ten que coincidir coas necesidades das mesmas. As perdas de auga por escorrentía teñen que ser mínimas. Ademáis hai que procurar que a auga de retorno non se vexa deteriorada por un exceso de sales, fertilizantes e agroquímicos.
Existen técnicas para mellorar a eficiencia da rega por superficie:
As labores depreparación do solo dunha parcela provocan ó cabo do tempo problemas de nivelación do terreo, aparecen zonas máis elevadas ou máis fondas. Aínda que a veces este efecto é inapreciable a simple vista ten gran importancia no proceso de rega xa que impide que a auga flúa cunha velocidade adecuada e provoca diferencias na lámina de auga infiltrada en cada punto da parcela. Hoxe en día utilízase moito anivelación por láser, co cal se aforra auga e aumenta a uniformidade da rega, e con esto, a producción dos cultivos. Buscamos unha pendente suave para evitar o excesivo escoamento e a erosión do solo. Tamén é moi importante axustar o caudal de rega.





Sistema de distribución da auga:

O sistema de distribución da auga de rega está composto básicamente polas instalación que transportan aauga dende o punto de captación ata a cabeceira da unidade de rega por superficie, e dun sistema de evacuación do exceso da auga de escorrentía e de percolación dos campos de cultivo.
Vamos a ver un exemplo do que podería ser, aínda que non sempre sexa así.




Captación: soe ser dende un embalse, derivación dun río ou dun pozo.
Rede principal: transporta a auga dende o punto decaptación ata o inicio da zona regable.
Rede de distribución: distribúe a auga a cada un dos campos da rega por superficie.
Rede terciaria: conducen a auga ata a cabeceira da unidade de rega.
Rede de drenaxe: evacúa a auga sobrante dos campos de cultivo.






2. FASES DE REGA





Fase de avance: define o tempo no que a auga aplicada chega ó extremo da parcela e estárepresentada pola curva de avance. Esta curva dinos cando un punto calquera da parcela é alcanzado pola auga.
Fase de enchido ou almacenamento: define o tempo dende que a auga chega ó extremo da parcela ata o momento no que se corta a aplicación da auga. Esta fase non existe se se corta a auga antes de que o frente líquido chegue ó extremo da parcela.
Fase de baleirado ou de esgotamento: define o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Distribucion Del Agua En Los Sistemas De Riego Por Gravedad
  • Riego Por Gravedad
  • RIEGO POR GRAVEDAD
  • Sistema De Riego Por Gravedad
  • Sistema De Riego
  • Sistemas De Riego
  • Sistemas De Riego
  • Sistemas de riego

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS