Tecnologias de la información

Páginas: 10 (2419 palabras) Publicado: 20 de julio de 2015
1- Cunha e Miranda (2013), subdividen os investimentos gobernamentais en TI en 3 grandes grupos (e-administração, e-servizos e e-democracia), mais ao mesmo tempo resaltan que a axenda de preocupacións gobernamentais con TIC debe extrapolar eses grupos. Por que? Basee a súa resposta no texto de Cunha e Miranda, e tamén no discutido en aula.

Para entender a resposta a esta cuestión, debemos saberque as Tecnoloxías da información cada vez van avanzando e logrando espazo nos distintos ámbitos sociais, académicos, nos Sistemas de Información... E isto pode crear unha serie de problemas e desigualdades sociais, xa que non todos teñen a mesma posibilidade de acceso aos recursos TIC, problemas de adaptación das empresas, problemas de orzamento e recursos, modernización dos municipios, etc.Para entender todo isto, explicaremos unha serie de conceptos.

O Goberno é un actor moi importante en relación coa sociedade, e tamén utiliza as TI na práctica e realización das súas tarefas. No texto de Cunha e Miranda nos falan do termo "e-gobernanza" ou gobernanza electrónica, que inclúe a e-administración pública, e-servizos públicos e e-democracia. Como apuntan os autores no texto, a gobernanzaelectrónica é moi imporetante, xa que pode facilitar as relacións entre o goberno e a poboación, así como favorecer a democracia. Esta división das Tecnoloxías de Información e Comunicación e da e-gobernanza ten como finalidade, polo tanto, que esta mellore.
Definición de e-gobernanza pola UNESCO: Gobernanza refírese ao exercicio de autoridade política, económica e administrativa nos asuntos dunpaís, incluíndo a articulación dos cidadáns para a defensa dos seus intereses e o exercicio dos seus dereitos e obrigacións; así, o desenvolvemento e avances nas Tecnoloxías da información melloran as relacións entre cidadáns e goberno, facilitando unha boa gobernanza.




A aplicación das TIC para unha mellor gobernanza (e-gobernanza) comprende, polo tanto:
1. E-Administración: favorece a mellorados procesos gobernamentais e o traballo interno do sector público coa utilización das tecnoloxías de información e comunicación. Inclúese o soporte dixital á definición da axenda política, elaboración, implementación, avaliación e control das políticas públicas, o soporte á toma de decisións, etc.
2. E-servizos públicos: pretende unha mellor prestación de servizos á poboación.
3. E-democracia:favorece unha melloría e aumento da participación dos cidadáns grazas ao desenvolvemento e uso das TIC no proceso democrático. É a utilización das TIC para o exercicio da práctica democrática.

Nestas tres definicións deducimos que incorporar as TIC e internet á política pretende unha mellor xestión do Estado, mellorando a cantidade, calidade e o acceso á prestación de servizos aos cidadáns,conseguindo reducir custos, unha maior transparencia, mellores controis, etc.
Sen embargo, nos atopamos con resistencias ao uso da tecnoloxía no proceso democrático devido a diversas cuestións, como por exemplo:
- A cantidade de consultas á sociedade.
- A calidade de consultas e a posibilidade de manipulación.
- Ausencia de debate previo necesario á discusión de temas a ser votados.
- A formulación decuestións polo cidadán sobre unha sociedade complexa como a actual, que deben ser levadas ao goberno.
- Para moitos autores o uso das tecnoloxías e mellora das comunicacións ten como finalidade acelerar e reforzar os procesos políticos e non determinan a súa calidade, dirección ou resultado. A tecnoloxía é un forte instrumento democrático, pero sufrirá resistencia daqueles actores poderosos candoesta tecnoloxía ameace o seu poder.
- Ademais, os mecanismos de participación precisan de novas formas de xestión, de pensar a cousa pública, de gobernanza, considerando ao cidadán como participante na definición da axenda política e da súa posta en práctica, axente de monitoramento e non apenas obxecto da súa acción.
- Tamén, o uso das TIC aumentan o risco de fraudes e crimes electrónicos e de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tecnologias de la informacion
  • Las tecnologias de información
  • Tecnologias de la información
  • Tecnologia de la informacion
  • Tecnologias De La Informacion
  • Tecnologias de la informacion
  • Tecnologias de informacion
  • Tecnologias De La Informacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS