Unha Paixon Herdada

Páginas: 8 (1794 palabras) Publicado: 11 de febrero de 2013
ANÉCDOTAS DUN ANARCO-CARLISTA GALEGO

Castroviejo, o primeiro eco-xornalista


04.11.2007 ‘Unha paixón herdada’ é unha sorprendente escolma de textos e fotografías compilados e elaborados pola periodista Marta Lemos e editados pola Consellería de Medio Ambiente, que redescobre a figura do escritor galego José María Catroviejo, articulista da prensa española e do país pioneiro do xornalismocomprometido co medio


TEXTOS: MARGA TOJO

|[pic] |
|josé maría castroviejo cunha dos córvidos que el mesmo criaba na súa casa de Tirán, na zona do Morrazo |
|FOTO: Lecer|


Xa o dicía Trotsky nas súas cartas relativas á Revolución Española: “Un anarquista militante vale máis nun acto revolucionario que un centenar de mencheviques vacilantes”. Pero se Trotsky erguera a cabeza e escoitara a alguén definirse como anarco-carlista, probabelmente habería de-sacordos importantes.

E así era precisamente como se definía José MaríaCastroviejo e Blanco-Cicerón (Santiago, 1909- Tirán, O Morrazo, 1983), escritor galego de cuxa polémica personalidade xornalística priváranos a sucinta memoria institucional do canon literario até hai moi pouco. Puidemos descubrilo grazas a un libro que asina a periodista Marta Lemos Jorge e edita a Consellería de Medio Ambiente baixo o título Unha paixón herdada, e que pronto estará á venda naslibrarías de todo o país. Nel ábrese ao lector a figura pouco común dun home que amou ante todo a natureza, –de feito, foi compañeiro de fatigas de Félix Rodríguez de La Fuente nos últimos anos da súa vida–, que viaxou por medio mundo, criou corvos, percorreu Galiza até os recantos, defendeu os raposos, pescou con cana, tivo nove fillos, e soñou sempre cun mundo elevado e utópico que xamaisvolveu. Lemos é a voz narradora que engasta os testemuños da época, xa sexan de pesca, caza, aves ou desenvolvemento urbanístico e que o xornalista fixo públicos na prensa española e do país entre 1940 e 1980.

Álvaro Cunqueiro, grande amigo do escritor, cóntao deste xeito: “A postura de Castroviejo ante o mundo non é a do gratuíto gozador, senón a do gozoso e imaxinativo que cre que aínda hai vivasna terra dos homes, parcelas da época dourada ou do cumio onde foron ociosos transeúntes os deuses creadores. Por todo isto non lle custa nada a Castroviejo crer no mito e no milagre, abordar facilmente a poboación trasmundana, solazarse coas utopías políticas...” (La Hoja de los Lunes de Vigo. 3/2/1964. A tradución é nosa).

Mais como en todo carlista, fidalgo ou utópico antigo, como nopropio Thomas More –que era un conservador, ao fin–; nos seus escritos –a inmensa maioría en castelán, moitos dos cales foron traducidos aos principais idiomas estranxeiros– hai unha melancolía perenne que rezuma inacción e que un é quen de levar porque conforme avanzamos na lectura coñecemos o alcance do seu compromiso ambiental nun tempo en que o alimento da natureza era a única medida pola que sevaloraba esta. “Castroviejo buscou na súa vida unha certa distancia –cóntanos a autora–. Non quixo estar apresado nin nas aulas, nin na cidade, nin no contexto histórico. Atopou vía de escape no ruralismo, na fantasía e no contorno da paisaxe galega que, na súa diversidade, lle permitiu a opción de interpretar. Nos mitos celtas e nas cristianizadas supersticións, en contornos diferenciados, atopouinspiración. Na observación da natureza acougou o sentir do escritor. Acreditou que a identidade dun pobo se debe á súa paisaxe e ós seus recursos, e soubo valorar antes que nada o celtismo”.

|[pic] |
|A autora de ‘Unha paixón herdada’, a xornalista Marta Lemos |
|FOTO: Lecer...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Herdas
  • herda
  • deacuerddo con herder
  • Curacion De Herdas
  • Herder
  • Johann Gottfried Von Herder
  • Biografia de herder y goethe
  • Unha Estrela No Vento

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS