Vikingos en galicia

Páginas: 30 (7445 palabras) Publicado: 26 de abril de 2011
Índice 1.-Introducción. -Fontes. -Relixión e chegada do cristianismo. 2.-Os vikingos en Galicia. -Primeira vagada (844). -Segunda vagada (858-861). -Terceira vagada (966-971). -Cuarta vagada (1008-1038). 3.-Outros conflictos cos vikingos en Galicia. 4.-Os vikingos e a cultura xermana na Galicia actual. 5.-¿Cómo eran os invasores?Verdade e mito. -Acerca de crueldade e brutalidade dos vikingos.-¿Cómo era o seu aspecto? -¿Os vikingos só se adicaban á piratería? -¿Cales eran as intencións dos vikingos en Galicia?

AS INVASIÓNS VIKINGAS EN GALICIA
INTRODUCCIÓN Antes de comezar a trata-lo tema das invasións vikingas considero que é necesario realizar unha breve introducción sobre quén eran estes invasores e qué foi o que os motivou. Nun principio convén aclarar que durante este traballoutilizaremos a verba "vikingo" para referirnos ós habitantes de escandinavia, aínda que como sabemos no castelán medieval adoitabase chamar a estes co nome de "normandos" xa que proviñan en grande parte de Normandía, ao norte de Francia xa que era un dos seus asentamentos, así, desta maneira eran chamados na época "normani", "lormani", "lordemani", etc, que significaba "homes do norte". Unha probadeste nome podemola atopar na toponimia dun pobo de León chamado "Lordemanos". Todo o que sabemos sobre os vikingos sabémolo maiormente polas testemuñas escritas latinas coma Tácito, árabes ou incluso hispánicas como Afonso X, xa que os vikingos se ben posuían un sistema de escritura, as runas, este limitábase ó uso relixioso tal como inscricións funerarias ou mitolóxicas, así como tamén un usomáxico. Isto vémolo por exemplo nas pedras rúnicas que inscribían por exemplo en honor dun morto.

Pedra rúnica de Lingsberg,Suecia

Como sabemos é este un pobo orixinario do norte de Europa, concretamente da zona de Escandinavia, que provén da voz latina "Scatinavia" que viña a significar "illa da néboa ou das tebras". Houbo un movemento de poboación xermánica de centroeuropa que se mesturou coaautóctona creando pouco a pouco e asentándose o que chamamos cultura vikinga. Estes territorios que mencionamos corresponderíanse cos actuais países de Suecia, Noruega e Dinamarca aínda que como sabemos posteriormente estendéronse ata Islandia, Illas Feroe, Groenlandia e ata se cre que chegaron a America do Norte, o que eles chamaban Vinlandia (terra das viñas) e dunha maneira máis fantástica quereal a America do Sur. Os vikingos eran un pobo semi-nómada que se mudaba acotío e que se organizaba en tribos cun xefe á cabeza chamado “jarl” elexido por un consello de guerreiros. Este pobo tiña un carácter aventureiro, conquistador e comerciante ó que axudou que fosen expertos mariñeiros e hábiles constructores náuticos. Este elemento foi decisivo durante as súas invasións xa que seconsideraron como o terror dos mares. Hai varios factores que influíron e foron decisivas para que se votaran á invadir territorios: a gran velocidade e maniobrabilidade do barco escandinavo da que xa falamos, a debilidade dos pobos ós que atacaban ou o exceso de poboación que os obrigaba a moverse cara a novos territorios para poder manterse. Outro factor influínte foi o dereito á proxenitura mediante ocal o fillo primoxénito herdaba os bens da familia e os demais quedaban sen nada de maneira que se vían forzados a partir na busca da súa fortuna. Como dicíamos anteriormente os vikingos eran hábiles mercaderes e realizaban longos desprazamentos, según din tiñan unha filosofía que se podería resumir na seguinte frase "averigua o que precisa a xente e consígueo".Cabe destacar a distribución destasrutas entre os tres pobos principais de escandinavia; os Suecos encargábanse da "austrvegr"(ruta do leste) cara Rusia e Terra Santa, os Noruegueses transitaban a "vestvegr"(ruta do oeste) cara Inglaterra, Islandia etc, e por último os daneses adentrábanse cara o entro de europa, Francia, Gallicia.... Destacaremos unha nota curiosa sobre a etimoloxía destes nomes das rutas que se corresponden...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Los vikingos
  • Los vikingos
  • vikingos
  • Los Vikingos
  • Vikingos
  • Los Vikingos
  • Vikingos
  • Vikingos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS