A Cerreira Espacial
Read more: http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,804235,00.html#ixzz1flRWNGKw
Índice
Introducción........................................3
1. Orixes ............................................5
2. Satélites articifiais .....................................83. Seres vivos no espacio ...................................12
4. Misións lunares .......................................19
5. Final da Carreira Espacial e o seu legado ....................... 24
6. Organización, gastos e beneficios.............................28
Introducción
En 1945, coincidindo co fin da Segunda Guerra Mundial, comezaba un enfrontamento ideolóxico entre osdous bloques que se tiñan erixido no mundo: o ocidental-capitalista e o oriental-comunista, liderados por USA e a URSS respectivamente. Pola ausencia de accións directas emprendidas o un contra o outro, este conflicto non-armado se denominaría Guerra Fría, e marcaría a segunda metade do século XX a nivel xa non ideolóxico, senón tamén político, económico, social, militar, informativo e tecnolóxico.Ambos contindentes atoparon na conquista do espazo un campo no que combatir de maneira directa e demostrar así a superioridade dos seus modelos de sociedade a través dos logros no campo da astronáutica, desenvolvendo a chamada “carreira espacial”.
Este extenso —prolongouse durante case vinte anos— pero concretizado episodio da Guerra Fría conlevou profundas investigacións tecnolóxicas, as calesderon lugar a grandes avances na inxeñería aeroespacial e na comunicación electrónica. Hoxe contamos cunha serie de instrumentos e recursos que derivaron da carreira espacial como, por exemplo, os satélites ou internet[1]. Son todos estes progresos un dos motivos polos cales queremos afondar na Carreira Espacial, sendo un tema que, consideramos, resulta orixinal á par que de grande interese.Anímanos a elo tamén o feito de que España non tivo nunca un papel relevante no referente á investigación espacial e, sen embargo, se viviron con admiración os diferentes pasos que unha e outra superpotencias ían dando. E é que a Carreira Espacial trascendeu ao conflicto americano-soviético e convertiuse nunha ilusión para milleiros de persoas de todos os países, pola súa apariencia case que de cienciaficción.
Pretendemos, pois, dar conta de todos os aspectos que arrodean ao episodio, centrándonos na achega detallada das tensións suscitadas entre ambos bloques, o desenvolvemento do conflicto, as súas repercusións políticas, sociais e económicas.
Coincidindo a Carreira Espacial coa década dos 50 e 60, explosión dos mass media e a publicidade, parécenos o momento idóndeo para ainvestigación de medios, que xogaron un papel esencial na difusión mundial dos feitos[2]. Podemos desta forma reflitir, acudindo a fontes internacionais e os seus arquivos históricos, as controversias suscitadas entre os dous protagonistas do enfrontamento, o impacto mediático, o recibimento das novidades tecnolóxicas, etc.
En resumo, realizaremos unha síntese histórica á par que unha análise dos feitose a súa trascendencia, con referencia e en base á prensa da época, na procura dunha presentación completa e didáctica.
1
Orixe
O 4 de outubro de 1957 a Unión Soviética estableceu o comezo da carreira espacial co lanzamento do Sputnik 1, primeiro satélite articifial da historia. O suceso provocou un gran impacto mundial que se fixo especialmente notábel nos Estados Unidos. Quedaba...
Regístrate para leer el documento completo.