O Amor E A Literatura Galega

Páginas: 5 (1095 palabras) Publicado: 21 de noviembre de 2012
No curso 2001-02 as alumnas de 2º de Bacharelato de Humanidades elaboramos unha enquisa que constaba de oito preguntas arredor da temática amorosa (entendida en sentido amplo) na literatura galega. Enviámosllela, por correo electrónico ou carta tradicional, a 55 autores/as escollidos entre os máis coñecidos e os que máis nos gustan a nós. Respondéronnos, cordial e desinteresadamente, 34 deles. Aseguir ímosvos falar dalgúns datos e conclusións extraídos deste inquérito.

A primeira pregunta referíase a se o amor, entendido en xeral, estaba ou non entre os temas predominantes da súa producción escrita; pois ben, a resposta maioritaria é afirmativa, un 75%. Neste apartado cabería salientar que Anxo Angueira comenta que se non fose así non escribiría nada ou que "tal vez só se podeescribir desde o amor e para o amor" como apunta Henrique Rabuñal. Mesmo os escritores que non consideran este tema como preferente nos seus textos, admiten certa presencia neles, tal é o caso de Cándido Pazó ou Miguel Vázquez Freire.

Se os nosos escritores teñen interese, como tales escritores, pola temática amorosa, é de supoñer que tamén serán lectores máis ou menos habituais deste tipo de textos.Foi por iso que lles solicitamos que escollesen o seu libro amoroso favorito de narrativa, poesía e teatro dentro da nosa literatura. Cinco autores non responderon esta pregunta alegando uns que non son capaces de escolleren unha única obra, outro confesa non ser lector habitual de literatura "adulta" e tamén hai quen opina que na literatura galega aínda non existen obras suficientementeconsagradas como para citalas. Entre os que si contestaron algúns fixérono de xeito parcial, sobre todo no tocante ó teatro, posto que máis da metade non menciona ningunha obra; neste sentido, varios deles explícannos que non son lectores de obras dramáticas, aínda que si espectadores. Sobre este particular e á vista destes datos, cremos que o teatro necesita máis potenciación a todos os niveis eseguramente non estaría mal comezar polo ensino. Algo semellante ocorreu coa recomendación do libro de poesía, que tamén quedou incompleta, aínda que se compensou en certa maneira co feito de que os que responderon citaron con frecuencia máis dun título, polo que se revelan como ávidos lectores deste xénero e, nalgún caso, incluso en exclusiva. Quizás esto explique, xunto co feito de que boa parte dosautores son preferentemente poetas, que as recomendacións de títulos de poesía sexan (agás as cantigas medievais) máis recentes e variados ca en narrativa, onde se acode máis ós "clásicos". As obras máis citadas en narrativa foron Amor de Artur e O lapis do carpinteiro; en teatro Os vellos non deben de namorarse, Don Hamlet e A noite vai coma un río; finalmente, no campo da lírica destacan as cantigasmedievais e mais os poemas a Moraima de Onde o mundo se chama Celanova, Con pólvora e magnolias e Prometo a flor do loto, aínda que as propostas son moi pouco unánimes. A seguir mostrámosvos todos os resultados de xeito máis detallado:





TEATRO

OBRA


AUTOR/A


Nº VOTOS

Os vellos non deben de namorarse


Castelao


4

Don Hamlet


Cunqueiro


4

Anoite vai coma un río


Cunqueiro


4

Criaturas


Vidal Bolaño


1

Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado


Roberto Salgueiro


1





NARRATIVA

OBRA


AUTOR/A


Nº VOTOS

Amor de Artur


Méndez Ferrín


6

O lapis do carpinteiro


Manuel Rivas


6

¿Que me queres, amor?


Manuel Rivas


3

Pensa naoAnxo Angueira


2

Un millón de vacas


Manuel Rivas


2

A esmorga


Blanco Amor


1

Sabor a ti


Miguel Suárez Abel


1

Arraianos


Méndez Ferrín


1

Ábrelle a porta ó día


Darío Xohán Cabana


1

Crónica de Nós


Méndez Ferrín


1

O señorito da Reboraina


Otero Pedrayo


1

No ventre do silencio


Méndez...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Literatura Galega
  • LITERATURA GALEGA
  • literatura galega
  • El amor en la literatura
  • Amor en la literatura
  • El amor en la literatura
  • amor en la literatura
  • El Amor En La Literatura

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS