O vello manuscrito (kafka)

Páginas: 6 (1463 palabras) Publicado: 30 de mayo de 2013
O vello manuscrito
Índice
1. Análise do texto
a. Autor e obra
b. Tema
c. Sinopse argumental
d. Personaxes
d.i. Proposta de Kafka
d.ii. A miña proposta
e. Conflito e relación de personaxes
f. Espazo
g. Tempo
h. Estrutura
2. Visión xeral da posta en escena
a. A interpretación
b. Espazo e escenografía
c. Vestiario
d. Iluminación
e. Música e son
3. Desagregamento
a. Listaxe deescenografía
b. Listaxe de atrezzo
c. Listaxe de vestiario
4. Reparto
5. Reestruturación do texto
6. Caderno de rexiduría
7. Planta de decorado. Evolución e movemento.









1. Análise do texto
a. Autor e obra

Kafka (1883; Praga, República Checa – 1924; Klosteneuburg, Austria). Cun estilo literario asociado ó existencialismo, socialismo e Marxismo, a obra de Kafka foiconsiderada como unha das máis influíntes da literatura universal.

A obra de Kafka está claramente influenciada polos acontecementos que rodean a súa época e tamén polas súas vivencias persoais, especialmente pola tensa relación con seu pai e a gran complicidade coa súa irmá Ottla.

A desesperación e o absurdo dos que está impregnada a súa obra considéranse emblemáticos do existencialismo.Ademais, algúns estudosos tentaron atopar unha influencia marxista na sátira burocrática que fai en moitas dos seus traballos. Aínda que outros apuntan cara un claro anarquismo como o fundamento da inspiración para o individualismo antiburocrático de Kafka.

As críticas que se teñen feito sobre este autor poñen o énfase no tema da aliñación e da manía persecutoria, xa que din que kafka representamoito máis que o estereotipo de figura solitaria que escribe movida pola angustia, e que o seu traballo era moito máis deliberado, subversivo e, aínda así, “alegre” do que podía parecer.

O que está claro é que a súa obra é expresiva das ansiedades do home do século XX.

b. Tema

O vello manuscrito é un dos catorce contos fantásticos (ou catorce lacónicos pesadelos) que compoñen Un médicorural, rematado en 1919, en plena postguerra. Así pois podería ser un breve reflexo dos conflitos social-políticos que caracterizaron esa época.

O medo, a inseguridade, a falta de accións por parte dos gobernantes, a invasión de territorios... Todos eses problemas reais son tema deste breve relato.

c. Sinopse argumental
c.i. Proposta de Kafka

Un zapateiro remendón que ten o seu tallerfronte do pazo imperial, na praza do pobo. Fai coñecedor o seu interlocutor dos acontecementos que asolan a vila. Entre as súas verbas déixase notar a desesperación ante a imposibilidade de desfacerse dos nómades do norte que tomaron a cidade. Mostra como o pobo ten medo e as súas iniciativas quedan sempre no ar. Mentres que os gobernantes e os supostos protectores do reino observan ó refuxio dosseus pazos.

c.ii. A miña proposta

As inquedanzas serán as mesmas, pero non é só o zapateiro quen as nomea, senón o todo o pobo. Fartos da situación comezan a sacar as súas pertenzas das casas e talleres coa intención de abandonar o lugar, até que finalmente un deles toma a iniciativa e deciden alzarse en armas e recuperar a súa vila e o seu negocio. Non obstante, unha das personaxes éconsciente de que todo seguirá como está. Pois “hai unha certa confusión” e esa confusión será a súa ruína.

d. Personaxes
d.i. Proposta de Kafka

Kafka propón unha soa personaxe narradora da desgraza que está a suceder. Esa personaxe é un zapateiro que traballa na praza fronte o pazo. Dende a súa posición pode observar todo o que acontece e todos as desgrazas que chegaron á vila xunta cos nómades.El convértese na voz do pobo. Láiase dos tormentos que sofren coa esperanza de que, alguén do que os escoite, os libere desta situación.

d.ii. A miña proposta

Na miña proposta toda a acción ven enmarcada por unha personaxe que representa a desesperanza real. É quen abre e pecha a obra. Ábrea presentando o conflito e péchaa deixando entrever que todo seguirá igual. No medio, os distintos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • el manuscrito
  • Manuscrito
  • manuscritos
  • Manuscritos
  • El Manuscrito
  • el manuscrito
  • manuscritos
  • Manuscrito

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS