Alá vai

Páginas: 2 (253 palabras) Publicado: 29 de enero de 2014
O visitador olla para o médico e cala sen aceptar. Tamén sen negar.

Cala, soamente cala. Son tempos difíciles para o estudo, mesmo para o simplecoñecemento.

A pragmática de Aranjuez é terminante nos seus avisos: pena de perpetuo desterro, con perda de tódolos bens, a aqueles que estuden ouensinen na cidade ou nos colexios estranxeiros.

O monarca entrara en Valladolid cun auto de fe contra os luteranos dándolle a benvida e deleitárase nasfogueiras que inzaban labaradas coma se con elas non se levasen humana carne da xente que pensaba. Non son bos tempos e aquel que entra e sae do paísaxexando novas, intercambiando coñecementos, transportando libros é un espía potencial, carne de fogueira.

Desolados eran os tempos para Xan deRequeixo, que non se atrevía a intentar mudalos, pero que tampouco estaba disposto a impedilo. "Alá os de por aí abaixo coa súa policía" díxolle ó Visitador,nalgún momento daquela noite que seguía a ser fermosa e xeradora de confidencias.

"Que se maten, que se queimen vivos os uns ós outros: Frei Luiscon líos; Teresa de Ávila interrogada con publicidade e gran aparato; Frei Juan de la Cruz, atafegado polos Tribunais de Savilla, Toledo e Valladolid;José deCalasanz, na cadea...

Déixaos que se maten e nos deixen tranquilos que nós non nos metemos con ninguén!"

Non deixaba de ser certo e oVisitador asentiu co seu silencio; non quixo recoñecer en voz alta que, nas súas viaxes, estaba farto de escoitar falar da superstición e do paganismo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • vai vai
  • vaios
  • Vaios
  • vaiado
  • Vaiado
  • Vaio
  • VAIO
  • VAIADO

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS