ANÁLISE DA TRANSFORMACIÓN URBANA DE ROMA EN TEMPOS DE SIXTO V (1585-1590) E A SÚA PEGADA ATA A ACTUALIDADE

Páginas: 5 (1096 palabras) Publicado: 19 de marzo de 2013
PRÁCTICA 4: ANÁLISE DA TRANSFORMACIÓN URBANA DE ROMA EN TEMPOS DE SIXTO V (1585-1590) E A SÚA PEGADA ATA A ACTUALIDADE

A cidade romana imperial preséntase como unha cidade en ruínas, cuxa permanencia se limita ao perímetro das murallas aurelianas, mostrando así unha independencia coa cidade papal moi marcada pola presenza do río Tíber. A evolución planimétrica de Roma presenta unhascaracterísticas opostas á de calquera cidade, xa que non se basea en engadidos, senón na maior concentración urbanística nunha parte da cidade precedente. A comezos do século XVI, cos papas Xulio II e León X realízanse os primeiros trazados reguladores da cidade, que verán a súa máxima expansión nos anos de pontificado de Sixto V (1585-1590). Este, xunto co seu arquitecto, Dominico Fontana, levarán a caboa recuperación de zonas xa existentes e poñerán en marcha outras novas; as irregularidades e os trazados reguladores nun único deseño expresarán á cidade de Roma no seu conxunto.
O Barroco, sobre a base inicial do racionalismo, introduce un novo capítulo no concepto de cidade. Sixto V leva estas ideas ao campo do urbanismo, que alcanza o seu apoxeo coa aplicación da perspectiva monumental e daliña recta, factores causantes desa percepción do espazo como entidade “visual”. O programa deste Papa sostívose a tres obxectivos prioritarios: integrar nun único sistema de rúas principais as diversas obras realizadas polos seus predecesores, enlazando as igrexas máis importantes e outros puntos clave da cidade; repoboar os outeiros de Roma proporcionándolles o fornecemento de auga do cal foranprivados desde a Antigüidade e, por último, crear unha cidade estética como resultado da agregación de edificios dispares. Ao mesmo tempo, non hai que esquecer a preocupación do Pontífice por aumentar as condicións hixiénicas da cidade: fornecemento de auga potable, servizo de carros de lixo, rede de sumidoiros, lavanderías públicas, etc.
A parte substancial do proxecto consistía naestruturación mediante eixos rectilíneos que contaban con claros puntos de referencia: basílicas, obeliscos, fontes... A meta do pontífice era enlazar as sete igrexas de peregrinación de Roma: San Juan de Letrán, San Pedro en Vaticano, Santa María a Maior, San Pablo Extramuros e San Lorenzo Extramuros, contempladas como igrexas primitivas, e dúas que gozaron de veneración especial, San Sebastián e SantaCroce in Gerusalemme. Non se trataba de enlazar un centro co seu desenvolvemento periférico, senón de establecer relacións completas; estes centros de peregrinación eran considerados espazos urbanos a pesar do seu carácter illado.
As sete vías de acceso aos templos principais de Roma converteríanse nun signo do cerimonial relixioso; non obstante, sendo o propósito inicial de carácter sacro, habíatamén unha función secular, que era o crecemento da poboación nos barrios situados entre as novas avenidas. O Pontífice deu preferencia no novo sistema viario á Strada Felice, que seguía unha dirección do sureste ao noroeste da cidade. Esta rúa principal tiña como primeiro obxectivo conectar a igrexa de Santa Croce in Gerusalemme coa Piazza Popolo, nun recorrido de aproximadamente catroquilómetros nos cales se situaba, no eixo central, a igrexa de Santa María a Maior. Non obstante, as abruptas ladeiras do Aventio, impediron levar a cabo este proxecto, e na práctica a Estrada Felice rematou na igrexa da Santa Trinità dei Monte. Neste punto construiríase no século XVIII unha magnífica escalinata, Scala di Spagna, na que desemboca a Vía do Babuino; tamén o obelisco situado diante destaigrexa sería erixido neste dito século, e serviría para sinalar o remate desta Vía Felice.
Os obeliscos que Sixto V foi situando en diversos puntos da cidade foron considerados como unha incitación ao urbanismo que quedaría baixo a xestión dos seus sucesores. Varios obeliscos foron reparados, e pasaron de ser pagáns a considerarse monumentos cristiáns, a través da adición de novas inscricións e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Transformación Urbana de Roma en tiempos de Sixto V
  • Las reformas de Sixto V y sus efectos en Roma
  • Plano Nolli de Roma
  • TRANSFORMACION URBANA
  • Plan urbanístico Sixto V
  • Transformacion Urbana
  • Urbanismo En Roma
  • Transformacion de la ciudad Roma "renacimiento"

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS