Apocalipticos eintegrados

Páginas: 6 (1471 palabras) Publicado: 19 de septiembre de 2010
~ APOCALÍPTICOS E INTEGRADOS ~
Umberto Eco

A obra ‘Apocalípticos e integrados’ conforma un estudo que profundiza na análise da relación entre a cultura popular e os medios de comunicación insertados nesas sociedades, as cales manifesta a través de dúas posturas patentemente antagónicas, a apocalíptica e a integrada.

Pola súa banda, os apocalípticos basean o seu posicionamentonunha concepción determinista do papel da tecnoloxía no cambio social. Para eles, a propia existencia da televisión rompe un posible enfoque lúdico dos debates e coloquios políticos, de produtos que deriven nun público pasivo, incapaz de participar. O exemplo máis evidente deste fenómeno está presente nas nosas pantallas asemade, en programas como ‘Caiga quien caiga’, onde o contido político éunha constante; nos debates celebrados no programa de Ana Rosa Quintana (en medio das novas do ‘corazón’) ou con participacións directas de representantes de partidos políticos na TV (caso de José Luis R. Zapatero ou Mariano Rajoy en ‘Noche con Fuentes’, xa fóra de emisión. Nembargantes, cando xorde o medio globalizador da información por excelencia, Internet, fanse irremediables as cadeas derelacións cidadáns - administración e a busca de información sobre a acción do goberno co propósito de manter un mínimo control sobre estes.

Así, os medios non presentan só aspectos negativos, pois favorecen a participación dos civís na vida pública, ofrecendo a todos a oportunidade de contribuír e aportar ao sistema; eliminan barreiras a difusión da información, estimulando curiosidade nossectores máis pasivos, e, polo tanto, neutralizando na medida do posible, o nivel cultural. Ademais, permítense crear, engadir novos elementos lingüísticos, estéticos, artísticos, etc.

A denominada comunicación de masas, orixinada a partir da globalización mundial das linguaxes informativas, das tecnoloxías de difusión e dos referentes comunicativos, é dicir, da consideración do que é ou o quenon é noticia; asumiuse desde outrora como o detonante do modelo cultural establecido. Debido ás funcións que os medios desempeñan no seo das sociedades actuais (informativa, publicitaria, recreativa, etc.) crean de cotío un fluxo de interrelacións cos espectadores que, inevitablemente, os converten nun controvérsico tema de discusión popular.

O pensador alemán Friedrich Nietzschefalaba de ‘enfermidade histórica’ ao referirse á globalización da cultura, xa que, na súa opinión, o feito de pór esta última ao alcance de todos era negativo para a sociedade *[1]. A base da súa argumentación remítenos á ineficacia selectiva na que concorren os medios ao dirixirse a un público excesivamente amplo, un público, ao que ao mesmo tempo despoxan da súa esencia, homoxeneizando gustos,costumes, formas de vida, etc. caracterizadores de cada pobo. Unha cultura de masas a nosa, que anula o principio de liberdade real do espectador pois non da elección, é a propia programación quen impón os preceptos, quen suxire qué debemos desexar . Asimesmo, elimina as diferenzas entre as produccións de elite e a industria de entretemento, desvirtuando a calidade das primeiras fronte ás segundas... Aofin, o sistema deriva nos estereotipos socialmente establecidos, difuminando as particularidades inservibles e facendo de aquelas máis efectivas (comercialmente falando) o ‘global’.

Sen caer nunha crítica derrotista, percibo na industria da comunicación unha tendencia á manipulación de contidos. Xogan coa importancia, a orde, e, incluso, coa presenza dos contidos. Aparece o que queren queapareza, colocan certos temas no punto de mira (caso da emigración en España), ocultado no seu favor aqueles aspectos escuros da propia cultura con fin de que morran no esquecemento dos espectadores. O comercial é o que verdadeiramente importa, o concepto de rendibilidade imponse sobre o concepto de información.

O papel da política é fundamental para comprender como se desenvolven os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • APOCALIPTO
  • apocalipto
  • Apocalipto
  • apocalipticos
  • APOCALIPTICOS
  • apocalipto
  • Apocalipto
  • Apocalipticos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS