Apuntamentos 4 ESO I

Páginas: 5 (1039 palabras) Publicado: 5 de mayo de 2015
CONCEPTOS ACTUAIS DE LINGUA.




1.- GLOBALIZACIÓN vs. ANTIGLOBALIZACIÓN

1.1.- Definición

Globalización: Proceso económico, político, social e cultural de base capitalista (neoliberal, concretamente) que considera que as diversas empresas transnacionais e financeiras intégranse nun único mercado mundial.

Antiglobalización (ou Altermundismo): Proceso de resposta económica, política, social ecultural fronte ao neoliberalismo que se basea en que o proceso de internacionalización económica debe basearse en valores de respecto de dereitos sociais e ambientais.


1.2.- Características

GLOBALIZACIÓN
ANTIGLOBALIZACIÓN
Apertura total dos mercados. As empresas son entes independentes.
Control dos mercados. Regulación da actividade comercial por parte dos pobos.
Privatización do sistemapúblico (sanidade, educación, servizos sociais,...). Potenciación do privado sobre o público.
Fortalecemento do sistema público. Potenciación do público sobre o privado.
Competencia como valor para mellorar a sociedade.
Cooperación como valor para mellorar a sociedade.
Os beneficios son máis importantes que as condicións laborais, o medio ambiente e os dereitos das persoas.
Os dereitos das persoas e omedio ambiente son prioritarios a calquera outra cuestión.
Creación dunha cultura global. Desaparecen os miles de culturas diversas do planeta porque son “pouco prácticas”. HOMOXENEIDADE
Cración dunha cultura mundial plural. Conservación das diferentes culturas que hai no planeta; considérase unha riqueza cantas máis olladas haxa de algo. HETEROXENEIDADE
Sobrevaloración do consumismo e o material.Valoración do ético, os dereitos e a ecoloxía.
Estado de dereito occidental como único xeito de estruturar unha sociedade.
Novas formas de organización social.
Aposta polo cuantitativo. Canto máis se ten mellor. O número é o importante.
Aposta polo cualitativo. Non se trata de ter moito senón de ter o que se necesita. O importante é a necesidade e a calidade.





2.- MULTICULTURALISMO vs.INTERCULTURALISMO

2.1.- Definición

Multiculturalismo: É a coexistencia entre varias culturas dentro dun mesmo espazo e tempo. Dentro do multiculturalismo enténdese que as relacións entre as diferentes culturas son verticais, é dicir, que hai unhas culturas que son dominantes sobre outras.

Interculturalismo: É a convivencia entre varias culturas que establecen interrelación entre elas baseándose norespecto mutuo. As relacións entre as diferentes culturas son horizontais polo que non hai situacións de dominación; atópanse todas ao mesmo nivel.


3.- GLOBALIZACIÓN, INTERCULTURALISMO E LINGUA

Unha lingua é unha construción colectiva que fai un pobo ao longo da súa historia, e que serve para que as persoas que conforman a sociedade poidan comunicarse entre elas. Unha lingua representa o feitodemocrático por excelencia dunha sociedade posto que cada falante (independentemente da súa orixe, condición social, ideoloxía, xénero e raza) usa, crea e deixa de empregar os termos e construcións que quere; a suma de todas esas vontades individuais son as que fan que unha lingua vaia variando co paso do tempo e conservando, ao tempo, parte da súa “esencia”. Así pois unha lingua reflicte, como sedunha fotografía se tratara, a historia dun pobo (a que se lle deu importancia, en que tipo de relacións se baseou, que tipo de elementos tiveron especial relevancia,...).

Partindo da homoxeneidade como idea base, temos a idea de que o “normal” é que en cada país haxa unha lingua, pero o certo é que hoxe existen no planeta entre 6.000 e 10.000 linguas por tan só 195 países recoñecidos pola ONU. Isoquere dicir que o habitual é que nun país convivan varias linguas. Por exemplo no Estado español contamos con 4 linguas recoñecidas oficialmente: galego, euskera, catalán e castelán; unha lingua cooficial en Cataluña, o aranés; e 5 linguas que non teñen ningún recoñecemento oficial: asturianu, andaluz, valenciá, llionés e aragonés. Ademais dos centos de linguas que axudan á construción do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La tecnologia del i phone 4
  • SILABO DE CALCULO I 4
  • I EPIDEMIOLOGIA PP 4
  • Sistemas i
  • Matemáticas 4 Bloque I
  • parcial 4 de civil I
  • HBP 4 I
  • informe 4 fisicoquimica I

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS