Apuntes Heladio.

Páginas: 40 (9848 palabras) Publicado: 19 de noviembre de 2012
UNIDADE 1
A TRANSICIÓN DO ANTIGO RÉXIME Á ESPAÑA
CONTEMPORÁNEA

A
familia
de
Carlos
IV,
Goya
(1800)


Por Antigo Réxime entendemos o sistema económico, social e político que procedía do
feudalismo medieval, e que estivo en vigor ata a expansión do réxime liberal en Europa no s.
XIX. Comprende os séculos XVI, XVII e XVIII. Os revolucionarios franceses de 1789
chamáronlle Antigo Réxime aoestado de cousas anterior á propia Revolución.
As características básicas do Antigo Réxime son as seguintes: Unha economía de base agraria e
señorial, unha poboación cun réxime demográfico antigo, unha sociedade estamental baseada
nos privilexios da nobreza e do clero e unha política caracterizada polo absolutismo
monárquico.
Durante o século XVII e especialmente no XVIII, collen pulo asforzas que pretenden a
transformación ou a eliminación dese modelo. Iso debeuse ao auxe da burguesía, ao
desenvolvemento do capitalismo comercial e a aparición dun novo pensamento, a Ilustración.
En España, a nova dinastía borbónica, implantou unha serie de reformas ilustradas no s. XVIII,
seguindo o modelo europeo. Pretendíase modernizar o Estado sen modificar os aspectos
básicos do absolutismo.A influencia da Revolución Francesa, que rematou co absolutismo en
Francia, a pesar dos intentos dos monarcas para evitalo, foi fundamental no proceso
revolucionario que se abriu en España coas Cortes de Cádiz (1810-1814). Aprobaron unha serie

Unidade 1: A transición do Antigo Réxime. Hª de España, IES Antón Losada (2012-2013)

— 1—

de leis, como a Constitución de 1812, queconstituíron a base do liberalismo (soberanía
nacional, igualdade legal, división de poderes…).
O reinado de Fernando VII (1814-1833) caracterizouse pola loita entre os liberais e os
absolutistas. Os absolutistas, co rei á cabeza, impuxéronse sobre os liberais agás no breve
período do Trienio Liberal (1820-1823). O novo sistema liberal-capitalista non se consolidará
ata o reinado de Isabel II(1833-1868).
1. España no s. XVIII
1.1. Guerra de Sucesión e Decretos de Nueva Planta
No 1700 morreu Carlos II, derradeiro rei da Casa de Austria, sen
descendencia. O enfrontamento entre as potencias europeas por
situar o seu candidato no trono vacante levou á Guerra de Sucesión
(1700-1714). Inglaterra, Austria e Holanda apoiaron ao candidato
austríaco, fronte as pretensións de Francia, que apoiou aoneto de
Luis XIV, Felipe de Borbón. A Guerra de Sucesión rematou co
Tratado de Ultrech, polo que se recoñecía a Felipe como rei,
iniciándose a nova dinastía dos Borbóns. Unha das disposicións
do Tratado cedía a soberanía sobre Xibraltar a Inglaterra.
A monarquía borbónica aplicou unha política centralista, seguindo
o modelo do absolutismo francés. A Guerra de Sucesión —na que
os reinos daCoroa de Aragón apoiaran ao candidato austríaco—
foi aproveitada por Felipe V para suprimir os foros (leis propias)
destes reinos mediante os Decretos de Nueva Planta, implantando
nos mesmos a lexislación de Castela. Unicamente Navarra e as
Provincias Bascas, que apoiaran a Felipe na Guerra, mantiveron as súas leis particulares.
«Considerando ter perdido os reinos de Aragón e Valencia, e todosos seus habitantes, pola rebelión
que cometeron tódolos foros, privilexios, exencións e liberdades que gozaban e que lle foran
concedidas así por min e polos meus predecesores, particularizándoos nisto dos demais reinos. E á
circunstancia de ser comprendidos entre os demais que lexitimamente posúo nesta monarquía
engádese agora o de dereito de conquista; e considerando que un dos principaisatributos da
soberanía é a imposición e a derrogación das leis, as cales, podería EU cambiar sen os fundados
motivos que hoxe concorren; xulguei conveniente, así por esto como polo meu desexo de reducir
tódolo meus reinos de España á uniformidade dunhas mesmas leis, usos, costumes e tribunais,
gobernándose igualmente todos polas leis de Castela, abolir e derrogar tódolos referidos foros e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Apuntes
  • Apunte
  • Apuntes
  • apuntes
  • apuntes
  • apuntes
  • apuntes
  • Apunte

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS