Arist Tes

Páginas: 48 (11997 palabras) Publicado: 25 de marzo de 2015
TEMA I I

ARISTÓTELES (384-322 a.C.)
(FILOSOFÍA ANTIGA II)

1. MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL
1.1. Contextualización do texto e do autor. (Contexto histórico-cultural

e

filosófico da época na que Aristóteles vive e desenvolve o seu pensamento).

1.2.Crítica da doutrina platónica.
1.3.O proceso de abstracción fronte ao acceso dialéctico ás ideas de
corte platónico.

2. AS PRINCIPAIS TEORÍASARISTOTÉLICAS
2.1. Natureza e realidade.
2.1.1.A teoría hylemórfica no seo da physis: A kínesis ou cambio. Os
principios do cambio.
2.1.2. A teoría hylemórfica no seo da physis: A teoría causal.
2.1.3.A teoría hylemórfica no seo da physis: Xerarquía de seres e
modos de ser.
2.1.4. A teoría hylemórfica no seo da physis: O motor inmóbil.
2.2. Teorías socio-políticas.
2.2.1. A idea de cidadán enAristóteles: A ética aristotélica: ethos e
praxe, o concepto de areté.
2.2.2. A idea de cidadán en Aristóteles: A idea de polis e a condición
de cidadán.

3. O TRÁNSITO CARA AO MUNDO HELENÍSTICO. (c.c.)
4. AS ÉTICAS HELENÍSTICAS.
5. OBRA.
6. TEXTOS: Física (1), Ética a Nicómaco (2, 3) , Política (4) e Metafísica
( 5,6)

1

Hai cinco cuestións contextuais: 1.1., 1.2, 1.3. , 3, 4 e seis
cuestións temáticas:2.1.1, 2.1.2., 2.1.3., 2.1.4., 2.2.1 e 2.2.2.
1. MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL
1.1. Contextualización do texto e do autor. (Contexto histórico-cultural e filosófico da
época na que Aristóteles vive e desenvolve o seu pensamento).

Aristóteles pertence ao período clásico ou de plenitude da filosofía grega. É,
de feito, o último filósofo deste período ao que tamén pertence o seu mestre Platón, omestre diste Sócrates e os Sofistas. Practicamente toda a súa actividade filosófica
desenvolvese na Atenas do S IV a., século marcado polo intento de recuperar o vello
esplendor da anterior centuria -s. V a-, durante a que Pericles lograra facer de Atenas
a polis máis próspera e culta de Grecia. Tras varias experiencias bélicas negativas entre
finais do s. V e principos do IV a., entre as que destaca alonga e devastadora (máis de
27 anos de duración) Guerra do Peloponeso contra Esparta, Atenas consegue
recuperar a súa economía e a súa actividade cultural, mais politicamente pasa a
depender de Macedonia e a formar parte do macro imperio construído por Alexandre
Magno. As conquistas de Alexandre convertirán a esa institución tan xenuinamente
grega que é a polis, xurdida no s VII a., en algoobsoleto. Atenas volverá a ter unha
importante flota comercial e a dirixir desde o porto do Pireo o comercio do Exeo o que
lle reportará importantes ingresos en forma de impostos; volverá a ter unha
importante agricultura centrada na producción de vide e oliva; desenvolverá a súa
industria do metal e cerámica e incrementará a súa poboación con inmigrantes
procedentes non só das diferentes poleisgregas senón mesmo con fenicios e exipcios.
Na época de Aristóteles, a poboación ateniense ascende a unhas 400.000 persoas,
delas unhas 60.000 son metecos –incluído o propio Aristóteles-, moitos deles cultos e
acaudalados; 300.000 esclavos e uns 40.000 cidadáns, os únicos que poden acceder a
cargos públicos. O que xa non recuperará Atenas será a súa independencia política.
En Aristóteles conflúen osdos grandes temas que tamén Platón abordara, o
vello tema da NATUREZA procedente dos presocráticos –período cosmolóxico- e o
máis recente do HOME E A SOCIEDADE incorporado por Sócrates e os sofistas.
Aristóteles trátaos dunha maneira máis sistemática que o seu mestre.

1.2.Crítica da doutrina platónica.
Coñecer como funcionaba a mente de Aristóteles e os capítulos da súa biografía que
contribúen aelo, facilitaranos a comprensión da crítica que fai ás teorías do seu
mestre:
*Aristóteles (384/322 a.) vive ate os 17 anos no seu país natal, Macedonia, onde seu
pai fora médico destacado. Neste contexto, a súa primeira formación desenvolve nel o
2

gusto pola experimentación e a reflexión baseada na observación. Adoitaba describir
minuciosamente os fenómenos e seres que observaba e gustaba de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ARISTO
  • Aristo
  • aristo
  • Arista
  • Tesa
  • tesa
  • Arista
  • Aristas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS