Capilla de Sta Clara

Páginas: 2 (400 palabras) Publicado: 29 de octubre de 2014
CAPELA DE STA CLARA, EDIFICIO DO BARROCO COMPOSTELÁN
A fachada do convento de Santa Clara, obra de Simón Rodríguez, é un dos edificios máis audaces do barroco español, fachada ficticia tras a calnon se acha a igrexa senón simplemente a portaría do convento e un pequeno xardín polo que se accede ao recinto relixioso. A súa orixe conventual remóntase ao século XIII, aínda que a súa factura actualé froito da reconstrución barroca, finalizada no século XVII por Pedro Arén.
Situado ao norte da cidade, o convento de Santa Clara de Santiago de Compostela é o primeiro que as clarisas tiveron enGalicia. Foi fundado e impulsado por Dona Violante, muller do rei Alfonso X o Sabio, na segunda metade do s. XIII, polo que ten o título de "Real".
O santiagués Simón Rodríguez é o introdutor do"barroco de placas" caracterizado pola ornamentación das fachadas con grandes placas pétreas que xeran efectos lumínicos. É tamén o creador dun tipo de torre-campanario de grande influxo posterior en todaGalicia. Dun só corpo alzado sobre unha pequena base lisa, ornamentada con grandes placas superpostas con profundos corte que xeran xogos de luces e sombras. Intentan transmitir unha sensación deinestabilidade acumulando os volumes na parte superior.
O efecto dominante da fachada é o dun gran retablo pétreo, unha obra de marquetaría na cal os distintos elementos decorativos van gañando volume eforza plástica a medida que ascenden no muro. A decoración concéntrase na rúa central, na que alternan os espazos macizos e ocos flanqueados por unha indescritible variedade de molduras, placassemicirculares e cilíndricas, grampas, volutas, frontóns partidos... ata culminar no charramangueiro frontón triangular que abeira na súa parte central o escudo da Orde e que está rematado central elateralmente por tres insólitos cilindros que dan un indubidable aire de modernidade á fachada, case de sensibilidade cubista.
No seu interior consérvanse un retablo de Domingo de Andrade de 1700 e varios...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sta Clara
  • Ld Lc 2,41-52 Parroquia Sta Clara
  • San Francisco Y Sta Clara
  • HDS CLORATO DE POTASIO STA CLARA
  • Capilla
  • Capilla
  • Capillas
  • CAPILLAS

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS