ciudades

Páginas: 7 (1677 palabras) Publicado: 9 de noviembre de 2013
TEMA 14.TRANSFORMACIÓNS RECENTES NA ESTRUTURA DAS CIDADES

Nos últimos anos producíronse decisivos cambios na estrutura das cidades. Por un lado a cidade se extende polo territorio desaparecendo a forma tradicional da cidade, é a chamada cidade difusa. Ademais, recentemente se está producindo a recuperación de zonas da cidade que durante moito tempo se foran degradando, sobre todo o chamadocentro histórico. Por último se están a producir actualmente cambios do uso do solo urbano, dende as actividades tradicionais ata as actuais.
CIDADE DIFUSA
As cidades actuais son territorios extraordinariamente dinámicos que están sufrindo profundos procesos de reestruturación. A cidade compacta tradicional disólvese nunha cidade dispersa e fragmentada, con periferias máis extensas e límitesdifusos. O termo de área metropolitana parece insuficiente para caracterizar esta situación, o que xustifica a definición de cidade difusa. A dispersión da cidade é a principal característica definidora da nova urbanización presente actualmente nas sociedades occidentais
Este fenómeno de urbanización desconcentrada está relacionado co novo tipo de sociedade denominada Postindustrial. Fronte áurbanización industrial clásica que concentra poboación e industrias en grandes cidades, os novos procesos de urbanización postindustrial xeran movementos centrífugos ou desconcentradores desde as cidades cara á súa periferia. Ten lugar o que se chamou urbanización do campo , os movementos migratorios campo-cidade se transforman en cidade-campo.Este fenómeno coñecido como declive urbano erenacemento rural foi detectado en numerosos países occidentais a partir dos anos sesenta.
Esta metrópole difusa, sen límites externos, nin físicos nin funcionais, está internamente compartimentada. Fronte ao entrelazamento das funcións residencial e de actividade que se daba na cidade tradicional, nas novas periferias as áreas residenciais e o resto de actividades (centros comerciais e outrosespazos de actividade) ocupan sectores segregados que se interconectan a través dunha rede viaria densa e complexa, orientada fundamentalmente ao servizo do transporte privado. É o automóbil o que promove a urbanización do campo, ao desvincular o lugar de traballo do lugar de residencia.
Así arredor das autoestradas xurdiron áreas residenciais diferenciadas polo poder adquisitivo dos seushabitantes, polas formas arquitectónicas e os estilos de vida. Son áreas residenciais de baixas densidades (netas) , asociadas a esas tipoloxías de edificación cada vez máis dominantes de vivendas unifamiliares ao estilo do suburbio anglosaxón e complexos residenciais de pouca altura, con amplos espazos abertos e equipamentos (zonas axardinadas, piscinas, pistas deportivas). Podemos atopar auténticasillas residenciais, separadas entre sí física e socialmente, ata algunhas urbanizacións para grupos de alto status social aislanse intencionadamente mediante un cerramento externo.
Xunto ás áreas residenciais atopamos outras áreas especializadas e monofuncionais: áreas comerciais, zonas de lecer, centro de ensino, universidades, barrios administrativos e de oficinas, polígonos industriais,instalacións deportivas... Trátase dunha especie de difusión das funcións e actividades tradicionais da cidade que agora se desenvolven sobre un territorio máis extenso.
Os factores explicativos son variados. Hai que considerar o prezo do solo, moi elevado nos espazos centrais das áreas metropolitanas pero moito máis baixo nas periferia.Os cidadáns desexan vivendas máis espazosas, con xardín, enáreas residenciais tranquilas e con baixas densidades. Este novo modo de vida non sería posible sen a xeneralización do automóbil e a mellora das infraestruturas viarias nas periferias das cidades.
Tamén hai que citar os factores culturais, a expansión dun novo modo de vida, relacionado coa necesidade de contacto coa natureza e espazos abertos. Así mesmo, existen transformacións en masa da vida...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ciudades
  • ciudades
  • Ciudades
  • ciudades
  • Las Ciudades
  • Ciudades
  • Ciudades
  • Ciudades

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS