Comentario "Política, denuncia y control social: Alemania y Austria durante el Tercer Reich"

Páginas: 4 (814 palabras) Publicado: 30 de octubre de 2013
Samuel Nión Álvarez
4º de Historia
Guerra e Violencia no s. XX

Comentario de texto

O seguinte texto xira en torno a unha idea bastante clara: a “lenda” do control absoluto dapoboación por parte da Gestapo, a policía política alemá ideada por Hermann Goering en 1933. Cómpre ter claro que a Gestapo non limitaba as súas funcións a detectar e condenar os crimes políticos, senón quetamén tiña a obriga de actuar contra eles de forma preventiva.
Sen embargo, e a pesar da sensación de control total e absoluto da poboación, os datos dinnos o contrario. O número defuncionarios da Gestapo era moi limitado (no caso de Colonia, temos un funcionario por cada 1000 habitantes), e fainos pensar que, realmente, este control total non existiu. Infravalórase moito o valor dadenuncia e da activa participación cidadá favorable ao Estado. Este, fomentaba ás denuncias e o apoio ao Estado con diversas medidas (Volks-und-parteigenosen, camaradas do Pobo e do Partido) que conseguíanque o NSDAP obtivese ese ansiado control da sociedade, algo pretendido por todo os gobernos totalitarios. A sociedade alemá baixo o goberno do Terceiro Reich era unha sociedade que se controlaba,segundo recentes estudos, a si mesma. A ditadura conseguiu involucrar a boa parte da poboación na persecución duns inimigos (previamente credos por eles), coaccionando ao resto a colaborar ou conformarse.A Gestapo, así mesmo, dependía en grande medida das denuncias recibidas (de feito, fomentaron aos “camaradas do Pobo” para que exercesen dito dereito sempre que o considerasen), as calesdeterminaban a súa actuación en moitos casos. Cómpre ter en conta que este sistema de denuncias foi clave aumentar a acción do Estado no ámbito social. Nunha política de terror e de control social, oEstado, que non pode abarcalo todo, necesita estender as súas redes cara á poboación, fomentando e gratificando ás denuncias cidadás de “condutas non axeitadas”.
Temos un caso moi semellante...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Durante El Llamado Tercer Reich
  • comentario de texto política social
  • tercer reich
  • Tercer reich
  • Tercer Reich
  • EL TERCER REICH
  • Unificación De Alemania y Segundo Reich
  • El poder del Tercer Reich

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS