Conta Saldada

Páginas: 5 (1025 palabras) Publicado: 12 de noviembre de 2012
PERSONAXES PRINCIPAIS

Catuxa: é a filla do xestor asasinado, de dezasete anos é unha moza formal e estudosa, que vive coas comodidades que o seu nivel económico lle brinda. Amosa transtornos psicolóxicos trala morte do seu pai. Destaca o cambio de actitude e personalidade que sofre ao longo da historia, ela mesma identifícase con Hamlet, un protagonista dunha novela de Shakespeare.
Xermán: éo suposto irmán de Catuxa, ten uns poucos máis anos ca ela. Non vai moi ben no colexio, fuma, e o ambiente no que se move ten un ton de delincuencia e marxinalidade. Cun andar fachendoso e arrogante pretende disimular as súas carencias.

PERSONAXES SECUNDARIOS

A nai de Catuxa: profesora nun instituto cercano. A relación co xestor enfriárase nos últimos anos de matrimonio, mais a súa morteafectoulle profudamente.
Begoña: a mellor amiga de Catuxa, mantiñan unha relación de amizade moi acentuada, mais tralos últimos acontecementos Catuxa vaise afastando dela e comeza a ocultarlle cousas.
O xestor: foi asasinado por invertir cartos dalgúns clientes sen consentimento previo. Nunca tivera moita sorte con ese tipo de negocios, era, nese aspecto un pouco temerario e inmaduro. Quería moitoa Catuxa, tratábaa coma unha “reina”. Por outra banda estaba moi ivolucrado no seu traballo co que pasaba pouco tempo na casa coa familia, feito que o distanciou da súa esposa.
Cabuxo: era un vello que se adicaba ao contrabando na Illa de Arousa, parte do capital que o xestor invertira de xeito negativo era del. A súa muller, Carmucha, sofría desequilibros mentais.
Cotelo: era dono dunrestaurante na ría de Arousa. Foi o asasino do pai de Catuxa.
Castiñeiras: era dono doutra xestoría, e foi quen lle levou os clientes ao outro xestor trala súa morte. Foi copartícipe do homicidio deste. Catuxa repugnáballe que a sobara sempre que se atopaban, coa excusa de darlle o pésame.

ARGUMENTO

Catuxa é unha rapaza de case 18 anos, á que pouco tempo despois lle morreu o pai, supostamente acausa dun suicidio. Catuxa sente morriña e de vez en cando visita a xestoría do seu pai. Nunha das súas visitas secretas aparéceselle o seu difunto pai. Este vén despedirse dela, ademais de confesarlle que ten outro irmán do que a nai non sabe nada, e encoméndalle entregarlle un talón de cartos. Por outra banda, desvélalle un feito impactante: el non se suicidou, senón que o asasinaron uns clientesseus por invertir os seus cartos sen consentimento deles.
Ante todo isto a Catuxa mestúraselle unha chea de sentimentos e pensamentos na cabeza que a deixan cavilando, e comeza a ver a realidade desde outra perspectiva.
Decide ir, ao día seguinte, na procura do seu suposto irmán, o nome do cal é Xermán. Mais non lle dá o talón así como así, senón que o extorsiona dicíndolle que se lle axuda avingar a morte do seu pai entregaralle o devandito talón. Xermán, que non vive con demasiados luxos, non tarda moito en aceptar a proposta. Pero antes confésalle que non é irmán seu, que todos estes anos a súa nai empregouno para sacarlle cartos ao pai de Catuxa. Para saíren de dudas deciden facerse unha análise de sangue que o confirme. Tras pechar os preparativos quedan en chamarse ao poucotempo.
Cando chega á casa, Catuxa cambia o seu peiteado, o calzado, mesmo a forma de actuar, pois falta a algunhas clases e comeza a mentir dun xeito natural, soltando troula tras troula.
Aos poucos días Xermán chámaa para contarlle que xa ten todo o material; e cítanse ao día seguinte pola mañá cedo.
Cando Catuxa o ve ao lonxe, decátase sorprendida de que conseguiu rescatar a súa bicicleta quedías atrás lle roubaran no barrio de Xermán. Como os asasinos de seu pai viven na Ría de Arousa deciden coller o todo terreo que teñen na casa, a pesar de non ter ningún dos dous carné de conducir.
Durante a viaxe pola autoestrada vanse turnando no manexo do volante. Os dous están desacougados polo que poderá pasar. Xermán sente medo e de vez en cando tenta convencer a Catuxa de que o mellor...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Conta saldada
  • Conta Saldada
  • saldo
  • Saldo
  • Såld
  • Saldos
  • saldo
  • saldos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS