Democracia Ateniense Sócrates E Sofistas

Páginas: 7 (1597 palabras) Publicado: 11 de octubre de 2015
Democracia Ateniense.
Algunhas das figuras máis relevantes que podemos atopar na política ateniense son Clístenes, creador da primeira democracia ateniense, e Perícles, que tivo o dominio desta democracia. Seguido de esto, surxen Sócrates, os Sofistas, Platón e Aristóteles. No Estado ateniense había dúas institucións políticas importantes que permitía a todos os cidadáns participar na vidapolítica. Estas son A Asamblea e os Tribunais. A Asamblea era unha institución con poder absoluto no que os cidadáns participaban a través do voto. Esta institución tiña o dereito de formular leis, declarar guerras, decidir sobre o culto do pobo, gobernar sobre as obras públicas etc. Os Tribunais estaban formados por seis mil xuíces que eran escollidos por sorteo. Esta institución era un órgano depoder que tiña dereito sobre as persoas para imputarlle penas, por exemplo, condea de morte, desterro e asesinato según o caso do que se trataba. A democracia ateniense diferénzase da nosa democracia moderna á hora de participar na política. Na democracia ateniense os cidadáns representábanse a si mesmos mediante a súa voz e escoitados polos demáis, sen embargo, na democracia moderna somosrepresentados indirectamente a través dunhas persoas elexidas por eleccións, as cales son encargadas de debatir directamente sobre as cuestión políticas. A clase traballadora na maioría dos casos non podía atender a este deber político xa que traería como consecuencia abandonar o seu posto e retrasarse nos seus deberes. Para que poidesen participar sen ninguna oposión, proporcionábaselle unas subvenciónschamadas “Dietas”, que era equivalente a un salario dun artesán. Ser cidadán en Atenas significaba ser varón libre maior de idade, fillo dun home ateniense. Pola contra, os sectores sociais que quedaban excluídos da vida política eran as mulleres, os nenos, os escravos e os metecos. As mulleres encargábanse da vida familiar, do coidado dos nenos e do seu marido. Os nenos eran menores de idade e isosignificaba que non tiñan ainda dereito de participar. Os escravos axudaban ás mulleres na boa conservación do fogar ou adicábanse a agricultura, ademáis disto, non tiñan ningún dereito legal nin eran considerados cidadáns por ser prisioneiros de guerra, fillos de homes non atenienses, nenos abandonados ou presos doutras rexións. Por último, os metecos, non participaban na vida política porquenon eran atenienses, pero si estaban autorizados a residir alí. Na súa inmensa maioría eran estranxeiros, intelectuais doutros pobos gregos etc. Que realizaban a profesión de mestres, comerciantes, artistas etc.

Sócrates.
Foi un home que naceu no ano 470 a.c. e morreu no 399 a.c . , cidadán de Atenas, que estivo presente no período de desenvolvemento do esplendor sofístico. Era un un home repletode sabiduría, pois pódese dicir que contiña unha forza interior que o propulsou a procurar a verdade, e toda a súa vida dedicouse a buscarse a sí mesmo e intentar que os demáis buscasen no seu interior, poñendo en relación a alma e o facer o ben, a xustiza e a virtude. Non escribeu libros nin creou escolas filosóficas a pesar dos seus seguidores. Un dos seus seguidores foi Platón, quen ao coñeceloquedou asombrado pola súa forma de pensar e a súa personalidade. Este asombro fixo que Sócrates influira moito nos seus pensamentos e textos, pois coñecemos a Sócrates a través dos diálogos de Platón.
O diálogo Socrático é a forma na que Sócrates entendía a filosofía, como un diálogo. Buscaba as verdades sobre o ser humano, en colectivo, xa que creía que dentro de cada un existía unha verdade econ axuda de outros podríase encontrar, non creía que se poidese atopar de forma individual. Este método socrático divídese en dúas partes importantes, por un lado a ironía socrática, e polo outro lado, a maiéutica. A ironía socrática consiste en recoñecer a nosa ignorancia para encontrar con máis facilidade a verdade no noso interior, para eso realízanse unha serie de preguntas ou definicións...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Democracia Ateniense
  • Democracia Ateniense
  • Democracia Ateniense
  • democracia ateniense
  • Democracia Ateniense
  • Democracia ateniense
  • Democracia ateniense
  • democracia ateniense

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS