Diferencia colegio rural- urbano

Páginas: 28 (6864 palabras) Publicado: 21 de enero de 2012
Diferenzas entre escola rural e escola urbana


INTRODUCCIÓN

Nós, como grupo de traballo, decidimos que o tema sobre o cal terxiversaría a nosa labor nesta práctica, fosen as diferenzas entre escola rural e urbana, dado que as nosas sospeitas configuraban a existencia das mesmas.
Quixemos comezar polo intento de evidenciar as nosas suposicións. Deste xeito, a maneira máis pragmática defacelo, e probablemente a única, consistía en desprazarnos ata distintos colexios situados en contextos moi distintos.
Ata o primeiro chegamos a través dun camiño máis ben tortuoso, feito que nos fixo comprender rapidamente que ao final do traxecto presenciaríamos unha escola nun medio rural. Era o colexio de Bembibre. Nenos galegofalantes na súa totalidade, acostumados a vivir no campo, arealizar tarefas que lle son propias, a xogar na máxima e íntegra liberdade…. Nenos que non simpatizaban coa timidez e que en ocasións, ata resultaban demasiado espontáneos.
A nosa segunda xornada de experimentación como grupo, transcurriu nun colexio de Santiago. O “Divino Maestro”. Nada máis entrar pola porta, decatámonos de que a diferenza entre escola urbana e rural estaba máis que verificada.Ante os nosos ollos, abraiados desta vez pola pulcra atención que se nos emprestaba, sentaban nenos uniformados, máis ben discretos e que non pronunciaban unha palabra no idioma identitario que nos é propio.
Porén, da disparidade e confrontamento entre ambos falaremos xa ben entrados no traballo, onde profundizaremos en máis aspectos. Sen máis, este so foi un pequeno adianto introductorio para quenon quepa lugar á dúbida da temática do traballo.

ESCOLA RURAL: CEIP BEMBIBRE
Segundo Díez Prieto a definición de rural non pode ser de carácter estático, senón capaz de adecuarse ao rural no tempo histórico e no espazo xeográfico e cultural concretos. O rural non é só un feito, é un suceso.
A escola rural caracterízase por ser única na localidade, e por estar situadas en pequenos núcleos depoboación con poucos habitantes.
DESCRICIÓN DO CENTRO:

Este centro atópase no centro da aldea de Bembibre, conformado por dous edificios independentes nos que se encadran nun Educación Infantil e Primaria, e noutro Educación Secundaria.
O primeiro, o do noso interese, estrutúrase en dúas plantas iguais. Na entrada atópase a conserxería máis unhas pequenas aulas; á esquerda ábrese uncorredor, igual no piso inferior, no que se distribúen as diversas clases.
Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria desenrólase no piso de abaixo, onde as aulas contan con mobiliario máis pequeno e máis decoración.
No andar superior, a parte das salas dos restantes cursos, atopamos unha ampla biblioteca dotada dun importante número de libros, onde se realizan lecturas e visionado dematerial audiovisual. Tamén contan cun aula de informática con preto de quince computadoras e outra que posúe unha encerado electrónica con achegas para o mellor uso dos alumnos, como o é a colocación dunha pequena tarima para que os máis cativos a alcancen.
É de destacar a gran cantidade de elementos plásticos que decoran todo o centro, que avivan as gastadas instalacións, todos eles obra dosalumnos e que representan diferentes actividades ou días sinalados.
O patio de recreo consta dunha pista de fútbol e dunha pequena zona axardinada e para a realización de actividades deportivas teñen un pequeno ximnasio.
A xornada lectiva de este centro comeza as 10.15 e remata as 17.15, cun descanso ao mediodía, e cóntase cun transporte escolar que achega aos nenos dos arredores, recolléndooscomo moi cedo as 9.45. De todas formas o colexio mantense aberto ata as 21.00 ou 22.00 dependendo do día, debido a que pola tarde desenvólvense numerosas actividades extraescolares, como poden ser patinaxe, fútbol, solfexo, instrumentos como guitarra ou piano, danza ou natación, achegándose nun autocar a unha piscina próxima. Pero non so está aberto para estas actividades senón que os rapaces poden...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Diferencias Urbano-Rurales
  • Diferencias entre poblacion urbana y rural
  • Diferencias de zonas rurales y urbanas
  • diferencia entre educación rural y urbana
  • La diferencia entre el medio rural y el urbano
  • DIFERENCIAS ENTRE COMUNIDAD URBANA Y RURAL
  • Diferencias Enttre Escuela Rural Y Urbana
  • Diferencia Entre Zonas Rurales Y Zonas Urbanas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS