emergencias

Páginas: 94 (23427 palabras) Publicado: 11 de diciembre de 2013
18.082

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Decreto 216/2008, do 25 de setembro,
polo que se establece o currículo do ciclo
formativo de grao medio correspondente ao
título de técnico en emerxencias sanitarias.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo
31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónomade Galicia o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos
seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da
Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o
punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.
A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto
aordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda
con eficacia e transparencia ás demandas sociais e
económicas a través das modalidades formativas.
A devandita lei establece que a Administración
xeral do Estado, de conformidade co que se dispón
no artigo 149.1. 30ª e 7ª da Constitución española, e
logo da consulta ao Consello Xeral de FormaciónProfesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que
constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, creado polo Real decreto 1128/2003, do 5
de setembro, e modificado polo Real decreto 1416/2005, do 25 de novembro, cuxos contidos
poderán ampliar as administracións educativas no
ámbitodas súas competencias.
Establece, así mesmo, que os títulos de formación
profesional e os certificados de profesionalidade terán
carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral respectivamente.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III que se entende
por currículo oconxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas
reguladas pola citada lei.
No seu capítulo V establece as directrices xerais
da formación profesional inicial e dispón que o
Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos
estudos de formación profesional, así comoos aspectos básicos do currículo de cada unha delas.
O Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro,
polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, estableceu no
seu capítulo II a estrutura dos títulos de formación

Nº 193 ț Luns, 6 de outubro de 2008
profesional, tomando como base o Catálogo nacional
de cualificacións profesionais, as directricesfixadas
pola Unión Europea e outros aspectos de interese
social.
No seu capítulo IV, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6.3º da Lei orgánica 2/2006, do 3
de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias,
establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando oscontidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional.
Publicado o Real decreto 1397/2007, do 29 de
outubro, polo que se establece o título de técnico en
emerxencias sanitarias e as súas correspondentes
ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10 c),
correspóndelle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecero currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de
Galicia.
Consonte o anterior, este decreto desenvolve o
currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico en emerxencias sanitarias. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e
de traballo da realidade socioeconómica galega e ás
necesidades de cualificación do sector produtivo
canto a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Emergencias
  • estados de emergencia
  • emergente
  • que es emergencia
  • emergencia
  • emergenciAS
  • emergencias
  • emergencias

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS