Goldegol

Páginas: 15 (3668 palabras) Publicado: 27 de febrero de 2013
LÉXICO
Entendemos como léxico o conxunto de palabras propias dunha lingua e tamén a parte da gramática que se ocupa do seu estudo, é dicir, que estuda o significante das palabras. Isto pódese facer dende dous puntos de vista distintos aínda que o obxecto de estudo sexa só un: as palabras: -Diacrónicamente: as palabras atendendo á súa orixe e evolución. -Sincrónicamente: nol momento actualatendendo aos seus compoñentes así como á formación de palabras novas. As palabras pola súa orixe: diacronía A meirande parte das palabras galegas teñen a súa orixe no LATÍN e a palabra da cal proceden no latín chámase ÉTIMO, así a ETIMOLOXÍA será o estudo da evolución das palabras dende a súa orixe ao GALEGO. Atendendo a este criterio temos cutro tipos de palabras distintas na lingua: 1.-PATRIMONIAIS:palabras presentes na lingua dende os primeiros momentos e que sufriron todos os cambios que se puidiesen producir, entre estes sobresaen: 1.1 Lenición celta consistente na desaparición de -n- e -l- en posición intervocálica Lunam >lúa Solum >só 1.2 Palatalización en / tʃ/ dos grupos iniciais latinos pl-, cl-, fl-: Plenum >cheo Clavem >chave Flamma >chama 1.3 Mantemento de |f| inicial latina:Filium>fillo, 1.4 Sonorización das consoantes oclusivas xordas latinas |p|, |t|, |k|, cando van en posición intervocálica dando |b|, |d|, |g| respectivamente. Tamén se produciu a desaparición das consonantes sonoras |d| e |g| en idéntica posición: capilum>cabelo pratum>prado amicam>amiga videre>ver legere>ler. 1.5 Aparición de novas consoantes non existentes en latín: 1.5.1. A causa dun iode /j/foliam>folla, 1.5.2. Por perda da vocal postónica interna: tégulam>tella. 1.6 Transformacións dos ditongos latinos au>ou e ai>ei e aparición de novos ditongos non existentes no étimo: aurum>ouro lactem>leite ferrarium>ferreiro 2.-CULTISMOS1: palabras de orixe latina que entraron en distintas épocas da lingua por necesidades técnicas e culturais e que non sufriron as transformacións das palabraspatrimoniais, tan só unha adaptación fonética e/ou gráfica: lactem>lactosa, láctico, lactaria plenum>plenario, plenilunio capilum>capilar. 3.- SEMICULTISMOS: son, tamén, formas de orixe latina que teñen a mesma causa para ser tomadas que as cultas, pero a diferenza delas si sofren transformacións que as afastan do étimo pero non chegan ao grao de evolución das palabras patrimoniais. A súa evolución caraa nosa lingua detívose pola presión exercida desde os ámbitos cultos que eran coñecedores do latín e seguían utilizando estas palabras coa súa fonética latina. Pero eran palabras patrimoniais: sempre foran utilizadas polo pobo. Son, dalgún xeito, un punto intermedio da evolución aínda que o resultado evolutivo non teña as mesmas regras que as palabras patrimoniais: plateam >praza (Na linguamedieval rexístrase a forma chaça).
Nalgúns casos, introdúcese no léxico un cultismo (ou semicultismo) que corresponde a unha palabra xa evolucionada e conviven ambas as dúas formas aínda que con significados diferentes, son os chamados dobletes:  Collocare: colgar / colocar; cathedram: cátedra /cadeira;  Afiliado / afillado; concilio / concello; cópula /copla; directo /dereito; estricto /estreito;lucro / logro; plano /chan; ópera /obra; cúmulo /colmo;
O cultismo non debe confundirse co latinismo, que é unha palabra ou expresión latina usada noutra lingua (pero non propia dela), en contextos cultos ou elevados, por exemplo, alma máter, per cápita, déficit, etc. 1

1

Twan

LÉXICO
EVOLUCIÓN do LATÍN ao CASTELLÁN , GALEGO e CATALÁN Palabra evolución fonética galego catalán castelánlatina f- inicial latina farina Conservación fariña, farinha, farina, fer, fill Ø facer, filho facere filiu g- e j- iniciais diante germanu de –e, -i átonas januariu grupos consonánticos -ct-ultgrupo li+vocal -c’l-g’llacte multu nocte Desaparece despois dun período de aspiración Consérvanse palatalizadas Desaparecen harina, hijo xaneiro irmà germà, gener hermano, enero hacer,

Soen evolucionar a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Goldegol

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS