Hamlet

Páginas: 6 (1277 palabras) Publicado: 6 de junio de 2014
Comentario de Hamlet.

w. Shakespeare (1564-1616) desenvolve o seu labor como dramaturgo nunha época caracterizada pola hexemonía do absolutismo en Europa, só contrarrestado en Inglaterra (dominada polo parlamentarismo e cunha estrutura comercial e protoindustrial moi potente) e Holanda (moi desenvolvida economicamente e cunha poderosa burguesía de base calvinista). As tensións entre estasdías dinámicas políticas conducen á Guerra dos trinta anos (1618-1648) entre Francia e Inglaterra, e teñen a súa correspondencia a nivel intelectual e relixioso nos enfrontamentos entre Roforma (Martín, Lutero, Calvino) e Contrarreforma (Compañía de Xesús, Concilio de Trento). Como froito desta contrarreforma católica xorde unha nova orde artística que se manifesta na arquitectura, a escultura, apintura e a música: O Barroco, que fronte á harmonía, o equilibrio do Renacemento, impactar emocionalmente ao receptor.
Shakespeare representa o punto culminante do teatro isabelino, que xa dera a coñecer autores de renome como Christopher Marlowe (con A tráxica historia do doutor Fausto, que Goethe desenvolvería maxistralmente) ou Ben Jonhson (coa comedia Volpone), e elevará o teatro a categoría deespectáculo social, fomentando a creación de obras teatrais tanto en prosa como en verso. É creador dunha compañía teatral e dun teatro propio (The Globe), moitas das súas obras teñen como punto de referencia ou inspiración principal a literatura clásica (Plauto,Séneca,Plutarco), a literatura inglesa e a francesa, e mesmo a italiana dun xeito indirecto.
A obra de Shakespeare adóitase clasificaren tres grupos como son os dramas históricos, as comedias e as mais coñecidas que son as traxedias.
Tamén se pode dividir en dúas etapas, a primeira ata o 1600, na que predominan as comedias e os dramas históricos. Aínda que tamén se atopan traxedias, como a coñecida de Romeo e Xulieta. Na segunda etapa (dende o 1600 ata o final da súa creación dramática) predominan as grandes traxedias e taménse poden atopar algunhas comedias.
Nos tramas históricos o tema principal é a loita polo poder, os personaxes aparecen moi humanizados. Nas comedias o tema principal é o dominio da trama e do mundo emocional, podemos destacar “O Mercader de Venecia” ou “A Tempestade”. Nas traxedias os protagonistas asumen o prototipo de determinadas paixóns e virtudes do ser humano, destácanse “O Rei Lear”,“Otelo”, “Macbeth”, “Romeo e Xulieta” e a que neste fragmento se representa que é “Hamlet”.
En “Romeo e Xulieta” hai que destacar que ten precedentes de antigas obras como “Píramo e Tísbe” da literatura babilónica ou en outras mais recentes como “Calisto e Melibea”.
O fragmento que aquí se nos presenta trátase dunha das traxedias máis coñecidas de Shakespeare como é “Hamlet”. Situámolo no terceiro acto,concretamente na primeira escena. Trátase dun dos tantos soliloquios que o príncipe Hamlet representa o longo da obra está expresado en lingua culta. Nel, o tema principal, ó igual que en toda a obra, é a dúbida sobre enfrontarse o seu destino ou aceptalo resignado. Tamén fai mención o descanso (a morte), o cal ten un inconveniente ante esta decisión, e é que non poida descansar en paz por noncumprir o súa vinganza. Hamlet fai extensivo ese temor ó resto da xente, preguntándose si ese non é o gran temos da xente. Pregunta que non obtén resposta xa que a resposta é que si que todo o mundo ten medo a non descansar en paz.
Con referencia a toda a obra, trátase dun texto escrito tanto en verso como en prosa, dividida en cinco actos, de 5,2,4,7 e 2 escenas respectivamente. A súa linguaxe éculta, inda que algúns personaxes pola súa clase social usen un linguaxe mais coloquial o igual que o príncipe Hamlet que tamén o empregará nalgunhas ocasión como cando se dirixe ofensivamente a Ofelia. Cada personaxe ten unha forma de ser e unha forma de comportarse ante a loucura de Hamlet, o cal presenta unha continua dúbida polo mandato do seu pai, pensando que podía ser o demo e non o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Hamlet
  • Hamlet
  • HAMLET
  • Hamlet
  • hamlet
  • Hamlet
  • hamlet
  • Hamlet

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS