Historia Contemporanea De España

Páginas: 36 (8885 palabras) Publicado: 31 de mayo de 2012
Tema 3

O réxime da restauración

A restauración da monarquía constitucional (1875/76-1923).

1- Advenemento e etapas.
O 29 de decembro de 1874 o xeral Martínez Campos promoveu un pronunciamento militar a favor do restablecemento dos Borbóns no trono de España, máis en concreto, a favor da proclamación do primoxénito de Isabel II como novo rei, o príncipe Alfonso. O pronunciamento tivoéxito e en xaneiro de 1875 Alfonso XII foi rei de España.
O traballo de Cánovas del Castillo dende o sexenio democrático foi clave na volta dos Borbóns.
Establécese un novo réxime político, etapa do réxime da Restauración, ata 1923. Neste ano o exército encabezado por Primo de Rivera, co consentimento do monarca, deu un golpe de man que substituiu a Restauración por unha ditadura apoiada polamonarquía, que sobrevive ata o 1931.
A Restauración ten dúas etapas:
1- De 1875 a 1902. Reinado de Alfonso XII (1875-1885) e rexencia da súa nai, Mª Cristina de Habsburgo (1885-1902). Tres subperiodos:
a) Anos 70: conformación e institucionalización do réxime.
b) Anos 80: consolidación e aperturismo. Medidas para un réxime máis progresista.
c) Anos 90: desestabilización: crise antillana.
2- De1902 a 1923. Reinado de Alfonso XIII. Etapa de progresiva descomposición do réxime da Restauración. Dous subperiodos:
a) Primeira década: 1902-1909: deriva autoritaria e pretoriana. O talante autoritario do monarca e o renovado pretorianismo do exército fixeron que se provocara a crise institucional do réxime diseñado por Cánovas.
b) Segunda década: 1909-1923: os excesos autoritarios cada vezmaiores do rei e do exército fixeron que a mera crise institucional derivara nunha crise de lexitimidade do réxime, co punto culminante do golpe de man de Primo de Rivera en 1923 para evitar unha revolución democrática que acabara coa monarquía.

2- Natureza do réxime:
O réxime da Restauración significou unha involución política e social, pois significaba pasar dun réxime democrático a un réximemeramente liberal, marcadamente conservador e con certa dose de autoritarismo.
Triple restauración:
1- Marco liberal conservador.
2- Da Dinastía borbónica.
3- Da lexitimidade monárquica. Cánovas dedicouse a difundir a idea de que este réxime estaba destinado a pervivir en España, pois pasábase na Restauración dun dos principios centrais da Constitución española, o principio de lexitimidademonárquica.
Aínda que este réxime aposta por un liberalismo conservador cunha monarquía constitucional (igual que o réxime isabelino) non se pode decir que son o mesmo por varias razóns:
O funcionamento do xogo político é distinto.
O réxime da Restauración mantivo alguna conquista política e social da etapa do Sexenio dende o inicio e outras incorporounas co tempo (sufraxio universal masculino).
Aimaxe que proxectou a historiografía deste periodo foi moi negativa, pois non lle recoñecía ningún mérito político e soíao identificar cos peores vicios políticos e sociais da España dese tempo. Destacaba o tema do caciquismo. Presentábase como un fenómeno só español, especialmente característico da Restauración. Esta imaxe hoxe en día non se dá por boa.
Os últimos estudios (anos 1980 e 1990)demostraron que o caciquismo foi xeral na Europa do XIX e era inherente e intrínseco ós rexímenes liberais consolidados despois das guerras napoleónicas, que era conservador.
Víase o caciquismo como só español porque en Europa xa retrocede nas últimas décadas do XIX, grazas as reformas de signo democrático. En España o proceso democratizador comezou entre o 1868 e 1874, que fracasa e volve o réximeliberal conservador e o caciquismo.
A outra cuestion deste equívoco é terminolóxica, pois en Europa o caciquismo coñecíase como clientelismo. O caciquismo é unha verba importada de América.
As orixes da imaxe negativa e da súa vixencia no tempo:
- Desastre do 1898: o réxime político recibe numerosas críticas de culpa do desastre (as críticas do Rexeneracionismo, corrente de pensadores que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • carreras, a y tafunell historia economica de la españa contemporanea
  • Prec5 historia politica y social contemporanea de españa. uned
  • Historia contemporanea de españa
  • Historia de la espana contemporanea
  • Historia social de la españa contemporánea
  • Ped2 historia contemporanea de españa
  • Esquemas Historia España Contemporánea
  • História Económica de la España Contemporánea

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS