Historia do noso planeta

Páginas: 7 (1667 palabras) Publicado: 9 de marzo de 2014
A HISTORIA DO NOSO PLANETA
A idade da terra
O xeólogo Hutton defendía a idea de que a idade do noso planeta se medía en en centos ou miles de millóns de anos. Lyell, outro xeólogo, escribiu unha obra na que recompliaba e ampliaba as ideas de Hutton, dando resultados das súas investigación sobre a idade dos materiais terrestres. Lyell desenvolveu duas ideas:
Actualismo: defendía que osprocesos que lle deran forma á Terra eran os mesmos que se producen na actualidade. (Erosión, vulcanismo, formación de relevos por pregamento,…) Aínda que houbo procesos que actualmente non se producen (formación do núcleo metálico, bombardeo meteorítico,…)
Uniformitarismo: defendía que os procesoso xeolóxicos coma a erosión e levantamento dos relevos eran moi lentos e que lograban resultados de granmagnitude. Aínda que tamén houbo procesos catasatróficos coma as épocas de vulcanismo intenso ou inundacións.
Darwin atopou na obra de Lyell un reflexo da súa teoría da evolución. A selección natural era unha teoría uniformitarista. Tratábase da lenta acumulación de modificacións hereditarias.
Máis tarde, Thomson, afirmou que se a Terra nalgún momento fora unha esfera de rocha fundida a idade donoso planeta non sería de máis de 90 millóns de anos.
Gracias á radioactividade púidose determinar a idade das rochas, o que permitiu saber que a idade da Terra era de miles de millóns de anos.
Xeocronoloxía
A xeocronoloxía é o conxunto de técnicas que permiten medir o tempo xeolóxico.
A xeocronoloxía absoluta permite atribuír unha idade concreta e a relativa utilízase para comparar dous oumáis procesos para ordenalos por antiguidade.

A xeocronoloxía absoluta. Método radiométrico.
A desintegración da metade dos átomos radioactivos que hai nunha mostra prodúcese nun período fixo de tempo, chamado período de semidesintegración /de vida media.
A datación radiométrica calcula a idade dun material, baseándose nas súas porcentaxes de elemento inicial e elemento resultante dunhadesintegración.

A xeocronoloxía relativa.
Trata de ordenar os acontecementos xeolóxicos, determinando cal ocorreu antes e despois. Baséase en 3 principios:
Principio de superposición dos estratos: as capas de sedimentos dunha conca sedimentaria acumúlanse de forma que as máis recentes recobren ás máis antigas (esta superposición pode verse alterada polos procesos tectónicos)
Principio desuperposición dos procesos xeolóxicos: un proceso xeolóxico, coma un pregamento, unha falla ou unha intrusión magmática sempre é posterior aos materiais aos que afecta e anterior aos materiais que non afecta e procesos que lle afectan a el.
Principio de correlación: dous estratos que conteñen o mesmo fósil cararcterístico pertencen ao mesmo intervalo temporal (excepto fósiles rodados).

A estratigrafíaestuda os estratos, a súa orixe, idade,… e aplica os principios da xeocronoloxía para correlacionalos.
O actualismo como método de traballo.
Cuvier e a anatomía comparada.
O zoólogo Cuvier era un gran experto en anatomía. Chegou á conclusión de que as partes dun a nimal gardaban relación entre sí, por exemplo, un mamífero con cornos e pezuños sería herbívoro. A anatomía comparada permitereconstruír o aspecto e algúns hábitos dos animais extinguidos, estudando os seus restos fósiles.
Actualismo aplicado a fósiles. A tafonomía.
A tafonomía analiza os fósiles para coñecer os procesos ocorridos desde que se orixina un resto ata que se transforma en fósil.

Os fósiles.
Un fósil é calquera resto dun ser vivo ou da súa actividade que queda conservado nas rochas.
A fosilización é unproceso de mineralización. Durante a transformación en rocha sedimentaria ocorren varios procesos.
Precipitación de minerais en espazos que xa existían.
Precipitación de minerais nos ocos deixados pola matería orgánica
Cheo de cavidades con sedimento
Substitución duns minerais por outros
Cambios estructurais dos minerais

A escala do tempo xeolóxico.
A subdivisión do tempo xeolóxico...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • la historia de los planetas
  • Historia Del Karate Do En México
  • Texto História Do Direito
  • História Do Futebol
  • historia del karate do
  • historia del tae kwan do
  • Historio Do Zimbabwe
  • la historia de nuestro planeta

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS