Industrialización

Páginas: 5 (1127 palabras) Publicado: 8 de abril de 2013
A INDUSTRIALIZACIÓN
1.REVOLUCIÓN AGRARIA E DEMOGRÁFICA
1.1 Revolución agraria
Ao longo da Idade Moderna realizáronse melloras nalgúns países de Europa, pero foi en Inglaterra, a principios do século XVIII onde se intensificaron os novos métodos:
Eliminouse o barbeito: e implantouse a rotación continua de cultivos con novas especies como a pataca.
Novos cultivos que rexeneraban a terra: eque servían de forraxe para o gando, do que se obtiña esterco natural.
Xeneralizáronse as ferramentas de ferro.
Aumentou a ferraxe dos cabalos de tiro.
Dende finais do século XVIII comezou a mecanización dos labores agrícolas, o regadío e a fertilización química, co que a produtividade da terra aumentou. Estes avances estendéronse rápidamente a algúns países europeos e americanos.
Consecuencias:Aumento de poboación debido ó gran incremento na produción de alimentos.
Favorecemento do desenvolvemento industrial debido ao aumento da demanda de ferramentas de fero e máquinas
1.2Revolución demográfica
A poboación europea experimentou un gran crecemento pasando dos 110 a os 450 millóns de habitantes (1700-1914). Isto débese á redución da mortaldade, especialmente a infantil, e ás mellorasna alimentación. Aumentou a esperanza de vida (30-60 anos).
Coa revolución agraria púxose fin a unha fase na que a poboación dependía sempre de recursos escasos. Os maiores rendementos e o progreso dos transportes puxeron en circulación máis alimentos.
A ciencia médica descubriu os xermes que causaban enfermidades mortais como o cólera e a tuberculose, inventouse a vacina contra a varíola(Jenner), houbo posteriormente máis vacinas. Todo iso, xunto á hixiene hospitalaria e coas novas técnicas de detección de enfermidades, contribuiu ao descenso da mortaldade.
Consecuencias:
Favorecemento do desenvolvemento industrial: houbo aumento de produtores e consumidores, polo que houbo maior demanda de produtos industriais: roupa, calzado, bens de uso cotián…
Redistribución da poboacióneuropea: os excedentes de poboación agraria emigraron a rexións cidades industriais (éxodo rural) e millóns de europeos, especialemente do sur de Europa, de Inglaterra e de Alemania, emigraron aos países novos de América e Oceanía.


2.REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
A revolución industrial foi un proceso de cambio gradual dunha sociedade na que predominaba o sector agrario a outra na que predominaba o sectorindustrial. Non se realizou á vez en todos os países. O ritmo de modernización da economía dividiu ao mundo en países desenvoltos e subdesenvoltos.
Eixos fundamentais:
Control de fontes de enerxía provintes de combustibles fósiles (carbón).
A substitución do traballo manual por máquinas e obreiros en fábricas.
Desenvolvemento da clase obreira.
Aumento de produción e comercialización mundialde bens grazas ao desenvolvemento dos transportes.
Causas:
As novas necesidades económicas xurdidas polos cambios agrarios e da poboación.
A importancia da burguesía interesada na expansión comercial e industrial.
A maduración do capitalismo.
Avance tecnolóxico que non parou dende os seus inicios.
2.1 Primeira Revolución Industrial
INDUSTRIA TÉXTIL E SIDERÚRXICA
O primeiro país enindustrializarse foi Inglaterra a comezos da década de 1750. O despegue industrial relaciónase coa demanda crecente de tecidos para unha poboación en aumento. Desenvolveuse primeiro a Industria téxtil. A la, materia prima habitual en Europa para a roupa, foi substituída polo algodón importado da India e de Estados Unidos. Xurdiron inventos que mecanizaron todas as etapas de produción téxtil: as primeirasmáquinas accionábanse mediante enerxía hidráulica, pero Cartwright aplicou en 1785 a un tear mecánico a máquina de vapor.
A industria siderúrxica foi o segundo sector industrial característico desta época. Medrou en importancia debido a dous factores:
Aumentou a demanda de intrumentos e maquinaria de ferro para a agricultura e o téxtil.
Os altos fornos nos que se fundía o ferro substituíron a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Industrialización
  • industrialización
  • Industrializacion
  • La Industrialización
  • Industrializacion
  • Industrializacion
  • INDUSTRIALIZACION
  • Industrializacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS