Introdución ao Traballo Social

Páginas: 71 (17515 palabras) Publicado: 17 de febrero de 2014
INTRODUCIÓN AO TRABALLO SOCIAL
1. HISTORIA DA ACCIÓN SOCIAL
Introdución á historia da acción social:
O traballo social xurde no século XX. Aparece nun contexto histórico - social específico que
posibilitou a profesionalización de determinadas ocupacións sociais destinadas á axuda ó
necesitado nun marco socio - político concreto que levaba tempo fraguándose.
O feito de que non existira unxeito de facer profesionalizado para intervir en situacións de
carencia en épocas anteriores ao nacemento da profesión, ou non se tivese estruturado nun
sistema organizado de protección social, non quere dicir que non existiran outras modalidades
de “axuda” para soster aos menos favorecidos xa dende a máis remota antigüidade.

A acción social nas grandes civilizacións da antigüidade:
Aprimeira axuda aos desvalidos, enfermos e necesitados é asumida pola tribu ou clan por razóns
de parentesco ou vecindade que establecía lazos de unión entre a tribu, clan ou linaxe. A axuda
aos estraños prodúcese un pouco máis tarde por razóns relixiosas.
O Código de Hammurabi (Hammurabi, 1792-1750 a.C.) é o sistema codificado de mandatos para a
protección dos desamparados. Non se sabe de ningúnmarco normativo anterior de protección da
sociedade.
No antigo Exipto atopamos escritos funerarios como as ENSINANZAS PRÍNCIPE MÍSTICO FILLO
(INSCRICIÓN NEFERSESHEMRE) onde se establecían obrigacións próximo na vida terreal esperando
agradar aos deuses na transición á eternidade.
Na India, os preceptos verídicos, base do hinduísmo, integraban na súa cosmovisión a axuda
mutua como esixencia paralevar a cabo unha vida boa.
Na antiga China estas esixencias de axuda aos demais atópanse no confucionismo.
Doutrina de Confucio (551-478 a.C.): procura a harmonía universal sustentada no culto aos
antepasados; no dominio dun mesmo; na bondade co outro baseada na norma moral da "acción
recíproca": “NON FAGAS AOS DEMAIS O QUE NON QUERES QUE CHE FAGAN A TI TI”; e na esmola
como un instrumentoda bondade.
O pobo hebreo/xudeu adoptou a asistencia ao próximo como unha obriga de carácter oficial. A lei
hebraica - a partir do TALMUD e do TANAJ -, prescribía a obriga da esmola para os pobres e
diferentes xeitos de redistribución da riqueza da terra.
O pobo islámico, tamén estableceu a esmola para os pobres. Existía unha esmola “legal” destinada
a purificar os bens deste mundo e queperdeu o seu carácter caritativo co paso do tempo
transformándose nun imposto. Existía ademais unha esmola “voluntaria” - tal e como reflicte o
CORÁN - para pobres, escravos e voluntarios de guerra.

Grecia tamén tiña sistemas de asistencia para cubrir as necesidades sociais. Trala guerra do
peloponeso (Esparta/Atenas 431- 404 a.C.) Prestábase axuda aos mutilados de guerra e máis tarde
estaasistencia estendeuse aos inválidos para o traballo e aos nenos orfos de pais mortos en
combate. Tamén existían as sociedades de socorro mutuo, cofradías especificamente destinadas á
hospitalidade, e pousadas para os forasteiros aos que se lles prestaba asistencia médica.
Roma tiña certo control legal sobre os subministres e prezos do trigo. Distribuíase gratuitamente
unha ración mensual de trigoentre o pobo (ANNONA) e, as veces, este reparto ampliábase a
outros alimentos e diñeiro (CONGIARIA) para persoas necesitadas. Os collegia, ou , gremios
profesionais profesionais, contribuían regularmente ao sostemento das viúvas e orfos facilitaban
préstamos aos necesitados.
A finais do século I d.C. fundouse a institución benéfica pública dos ALIMENTA PUBLICA DE
TRAJANO (98-117 d.C.) quedaba fondos para a educación dos menores. Os hospitais, que
comezaran sendo refuxio de escravos e residencia de enfermos, transformáronse en hospitais
públicos na era imperial.
Na época de Marco Aurelio (160-180 d.C.) atopamos uns 140 textos legais con normas para a
mellora das condicións de vida das persoas máis necesitadas.
O cristianismo, coas súas ideas fulcrais do amor ao outro e a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Traballo Social
  • introducion de trabajo social
  • Introducion A Servicios Sociales
  • INTRODUCION AL TRABAJO SOCIAL
  • A CONCEPTUALIZACI N NO TRABALLO SOCIAL
  • AO
  • Introducion Del Trabajo Social En Latinoamerica
  • Introducion A Las Ciencias Sociales

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS