Itinerarios De Inserción Sociolaboral

Páginas: 14 (3304 palabras) Publicado: 11 de mayo de 2012
“Os itinerarios de inserción e integración socio-laboral como alternativa nun momento de crise económica”

Santiago González Avión
Director de EAPN-Galicia


Limiar: Perdemos a búxula

O contexto de crise non modificou en absoluto as intuicións fundamentais en que se baseaban as metodoloxías de inserción socio-laboral que viñamos poñendo en práctica desde o Terceiro Sector de AcciónSocial. Nin tampouco as metodoloxías vinculadas, de forma básica, con esas intuicións.

Como queira que todas as que estamos aquí coñecemos ben ambas cuestións (as intuicións e as metodoloxías), non centrarei a miña intervención no obvio -a metodoloxía dos itinerarios-, senón nas cuestións que suscita a crise arredor dos nosos proxectos, que en último termo son a consecución dunha sociedade máisxusta e máis humana.

Precisamente, a miña primeira reflexión xira arredor da utopía e das súas mediacións concretas. Cando estabamos en plena expansión do emprego, e xa superamos os 20 millóns de ocupados, quen daquela era o meu colega de Andalucía, Humberto García, na actualidade subdirector de desenvolvemento organizativo da Fundación Secretariado Gitano, propúxome a cuestión de forma descarnada:“en que sociedade estamos insertando á xente?, nunha na que o sentido da vida é o consumo? na que o sentido do traballo é gañar diñeiro? unha sociedade que está a consumir no presente os recursos das xeracións vindeiras?” Estas preguntas ecoan hoxe con moita máis fondura, toda vez que é evidente que o benestar da primeira década do século XXI foi construído non só hipotecando os recursos naturaisque lles corresponden ás xeracións por vir[1], senón que tamén estabamos hipotecando a vivenda, o automóbil e outros produtos de consumo que, se ben responden a necesidades obxectivas, a forma de cubrir esas necesidades, fixeron que o consumo privado fose o gran mecanismo xerador da débeda privada que ameaza comerse o conxunto do erario público e a que queríamos que fose a “sociedade dobenestar”.

Convén non perdelo de vista para non seguir culpando ao goberno de cuestións das que os primeiros responsables foron os bancos e os reguladores financeiros, pero dos que os segundos fomos o conxunto da cidadanía, que dunha forma maioritaria prefire transferir esa responsabilidade en exclusiva ao ricos, aos especuladores ou, a maioría sociolóxica, ao goberno de Zapatero.

Daquela, a miñaresposta ao cuestionamento foi que cada quen ten que ser dono do seu proceso, que nas nosas mans está crear oportunidades, pero que o sentido quen o crea é cada quen. Contra o que Humberto retrucou que tamén as organizacións sociais crean propostas de sentido, que as metodoloxías e as formas de actuación tamén soportan e transmiten valores, e que estes non son puramente crenzas individuais, senónconstrucións sociais.

Coido que para falar de itinerarios, convén reter este debate como marco e como cuestionamento permanente do que estamos a facer e do que queremos conseguir.


Os colectivos con dificultades

Desde EAPN, o mesmo que desde Cáritas e desde outras instancias, viñamos insistindo na necesidade de aproveitar os tempos de bonanza económica para xerar un sistema de protecciónsocial moito menos “familista” do que viña sendo tradicional. Cómpre aclarar que “familista” significa baseado na solidariedade “mecánica” das familias (na tradicional diferenza durkheniana entre solidariedade “mecánica” comunitaria e solidariedade “orgánica” -organizada- societaria). Pero a realidade foi outra. Os tempos de expansión fixeron máis fráxiles ás familias, tanto desde o punto de vista dasúa estrutura financeira como desde a estrutura das relacións, pero os niveis de protección, nomeadamente das familias e da infancia, lonxe de converxer, situáronse na cola da Europa dos 15, e en postos preocupantes da Europa dos 25. A cambio, a expansión económica creou unha expansión inaudita do emprego na sociedade española, e con ela, os itinerarios de inserción foron subsidiarios da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • insercion sociolaboral
  • Inserción sociolaboral
  • Fases Itinerarios Inserción Ocupacional
  • Guía para la aplicación del itinerario integrado y personalizado de inserción sociolaboral
  • Itinerario de inserción
  • Itinerarios de inserción sociolaboral: una propuesta metodológica para personas en riesgo de
  • Plan de inserción sociolaboral para mujeres maltratadas
  • Orientación e inserción sociolaboral

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS