Kant

Páginas: 14 (3368 palabras) Publicado: 9 de abril de 2012
FICHA 5
1.1 Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII conducen á Ilustración.
“Ilustración” non é unha corrente filosófica, remite aos feitos históricos que responden á
esixencia de se liberar da guía divina e conducir por un mesmo a súa propia vida. Son feitos
relacionados coa revolución inglesa e a súa expansión ao resto de Europa através de Francia.
Tanto na súadimensión política, desenvolvemento do estado moerno na forma demonarquías
parlamentarias, económica, desenvolvemento do capitalismo, científica, física de Newton, e
filosófica. En termos filosóficos a revolución exprésase na esixencia de igualdade de todo o
xénero humano asumido por todos os filósofos ilustrados. Merece ser destacado neste sentido
a polémica entre Voltaire (XVIII), o escritor francésque simboliza o espírito de liberdade de
pensamento da época, con J.J. Rousseau (XVIII), o primeiro en dubidar en que o progreso do
coñecemento implicase progreso moral.
1.1 As novas ideas: progreso, educación ou iluminación, humanidade, civilización,
natureza.
A ide a de “progreso” é relativa ao éxito da ciencia newtoniana. A súa influienza social a
convertirá no principal factor dedesenvolvemento económico e social. Os problemas sociais
e políticos formúlanse como problemas de educación pública. A xeneralización da educación
convírtese no medio para o progreso social.
A idea de “humanidade” é a do suxeito moral e político. Ambas as dúas conciben o conxunto
da humanidade a partir da idea de axente moral libre. Somos libres na medida en que nos
tratamos coma cidadáns libres, édicir, somos homes na medida en que compartimos a
humanidade.
1.1 Características da razón ilustrada.
Razón ilustrada expresa a esixencia de que o coñecemento sexa “claro”, asequible á razón
común e, xa que logo, a calquera ser humano. Por iso calquera era quen dunha opinión que
podía facer pública. A razón ilustrada é razón pública. Daquela o periodismo exténdese por
toda Europa econfigura a conciencia de estar vivindo unha nova época marcada pola ciencia de Newton e a
nova filosofía.
1.1 Contextualización do texto e do autor.
Kant (1724-1804) naceu e viviu toda a súa vida en Königsberg, actual Kaliningrado. Foi o
cuarto de nove irmáns. A súa vida foi a dun home totalmente entregado ao estudo. Recibiu, da
súa familia, unha educación moral moi estricta. Destacou en cienciasfísicas e sobre todo en
filosofía. En 1770, aos 46 anos, conseguiu unha praza na universidade. Foi profesor de lóxica,
matemáticas, metafísica, xeografía física, antropoloxía, pedagoxía, filosofía da historia, filosofía
do dereito, moral e filosofía da relixión. En 1796 xubilouse como profesor. Morreu en 1804. Na
lápida recóllese: “Dúas cousas enchen o meu ánimo da admiración e respecto: o ceoestrelado
que está sobre min e a lei moral que hai en min”.
Entre as obras máis importantes destacamos: Crítica da razón pura, Crítica da razón práctica,
Crítica do xuizo, Fundamentación da metafísica dos costumes, Cara a paz perpetua.

O seu contexto é o propio da Ilustración alamana. Nese tempo Alemaña carecía de unidade
política e o seu atraso económico e político respecto de Francia esobre todo Gran Bretaña
era notable. Kant representa o cumio da Ilustración europea. Esta calificación vén dada
pola radicalidade coa que desliga o coñecemento da natureza, base do desenvolvemento
económico, da acción moral e política. Aquel é o reino da necesidade este o da liberdade.
2.1 A idea kantiana de ilustración.
Kant publicou en 1784 un artigo chamado Resposta a pregunta que é aIlustración? Nel
expón a súa comprensión do fenómeno que ao longo de todo o século XVIII en Europa
chamouse “Ilustración”. Un ilustrado, di, é alguén que ten o valor de usar da súa propia
intelixencia. De se “liberar da súa culpable incapacidade” porque non é quen de vivir conforme
coas súas propias opinións, ou, o que é o mesmo, de confrontalas coas opinións establecidas
en calquera tema.
Coma...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Kant
  • Kant...
  • Kant
  • Kant
  • kant
  • kant
  • Kant
  • Kant

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS