La baca que comia mucho

Páginas: 5 (1075 palabras) Publicado: 19 de marzo de 2013
A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén e animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen osadxectivos vacún/vacúa e bovino.
Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto daUnión Europea por número de cabezas de gando bovino[1].Étimo

A orixe etimolóxica da palabra vaca non está clara e as hipóteses difiren moito segundo os autores. Para Roque Barcia, vaca ven da voz sánscrita vapati, que significa muxir, e que no sánscrito clásico pasaría a vapati, xa co significado actual. A voz latina uacca proviría desa raíz sánscrita, co mesmo significado tamén. Outra hipótesesupón para a voz latina unha orixe na onomatopeica bacca, que daría lugar tamén a bos, que daría lugar ó seu heterónimo actual, boi. Para outros a voz latina tería a súa raíz na voz hebrea vaca ou bacar, un substantivo epiceno que significa o mesmo boi que vaca.
[editar]Bioloxía

[editar]Taxonomía


Debuxo dun uro, Bos primigenius.
Parece probable que a vaca europea proceda da vaca salvaxeBovidae primigenius (Bos primigenius) domesticada hai uns 8.500 anos no sueste de Europa. Era pouco común criar gado para alimentación. Comíanse apenas se morresen ou non fosen máis útiles para carga ou para fornecer leite. Ao contrario da cabra, tamén servía como animal de carga, mais precisaba de pastos maiores.
Carl von Linné identificou tres especies distintas: Bos taurus, ou gando europeo, queinclúe tipos semellantes de África e Asia; Bos indicus, ou cebú, de orixe asiática; e o Bos primigenius ou uros. Máis recentemente, estas especies agrupáronse nunha única, Bos primigenius taurus, Bos primigenius indicus e Bos primigenius primigenius. Existen numerosos híbridos e mesmo razas híbridas, cos que se tenta combinar a produtividade do gado taurino coa rusticidade e adaptabilidade a mediostropicais do gado cebú.
[editar]Anatomía


Estómago composto da vaca.
Artigo principal: Ruminante.
O boi e a vaca son un mamífero ungulado, herbívoro e ruminante que vive entre 14 e 16 anos.
[editar]Aparello dixestivo


Vaca pastando.
O aparello dixestivo da vaca permítelle dixerir alimentos ricos en fibra, que noutros sistemas dixestivos non serían aproveitábeis, regurxitándoos emascándoos de novo. A forza e rixidez das plantas débese á fibra, que é o compoñente principal dos talos das gramíneas e outras; os azucres complexos (celulosa e hemicelulosa) atópanse pechados nas paredes das células e son inaccesíbeis para a maioría dos animais. Tras unha segunda mastigación, o alimento pode ser dixerido por bacterias, protozoos e microbios que habitan no rume, que xeran os ácidosgraxos volátiles que supoñen a fonte de enerxía metabólica primaria das vacas. Os microbios que habitan no interior do rume sintetizan tamén aminoácidos de compostos de nitróxeno non proteínico como a urea. O baixo contido enerxético da súa dieta fai que teñan que pasar gran parte do día alimentándose.
As vacas contan cun estómago composto por catro cavidades, o rume, o retículo, o omaso e oabomaso. O retículo é o de menor tamaño e o rume o maior. O contido do retículo mestúrase co do rume case continuamente e comparten unha poboación densa de microorganismos. O rume é un vaso de fermentación no que as partículas de fibra permanecen entre 20 e 48 horas. O retículo separa as partículas que teñen un tamaño pequeno (1,2 g/ml), que son as que poden pasar á terceira cavidade. A función...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • COMI
  • Comies
  • la baca
  • Soy bacán
  • El Bacan
  • EL BACO
  • Bacan
  • Baco

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS