Las Lágrimas De Shiva

Páginas: 8 (1996 palabras) Publicado: 30 de enero de 2013
TEMA 2: A NUTRICIÓN
1.-A función de nutrición
A nutrición é o conxunto de procesos mediante os cales os seres vivos toman substancias do exterior e as transforman en materia propia e en enerxía.
Segundo o tipo de nutrición, os seres vivos pódense clasificar en:
* Autótrofos. Son capaces de producir a súa propia materia orgánica a partir de substancias inorgánicas simples. Para iso,precisan dunha fonte de enerxía. Segundo a fonte de enerxía, poden ser:
* Fotosintéticos: Obteñen a enerxía da luz do Sol.
* Quimiosintéticos: Utilizan a enerxía liberada de certas reaccións químicas.
* Heterótrofos. Utilizan como fonte de materia as biomoléculas orgánicas fabricadas por outros seres vivos.

2.-O proceso dixestivo nos animais

O proceso dixestivo comprende os fenómenosque ocorren no aparello dixestivo e que permiten captar os alimentos, transformalos en substancias útiles para o organismo e expulsar os refugos.

O proceso dixestivo nos animais consta de catro fases:

* Inxestión. É a toma de alimentos do exterior.
* Dixestión. É descomposición dos alimentos para obter nutrientes. A dixestión pode ser de dous tipos:
*Intracelular. Dentro da célula. Realízana os organismos unicelulares e pluricelulares simples. Cada célula transforma os alimentos que ela mesma captura.
* Extracelular. Fóra das células, no aparello dixestivo. A miúdo inclúe dous procesos :
* Dixestión mecánica, na que o alimento se fragmenta en anacos por medio de estruturas especializadas.
* Dixestión química, que se producemediante unhas proteínas, chamados enzimas, que descompoñen os alimentos para liberar os seus nutrientes.
* Absorción.
* Exestión.

Tipos de aparellos dixestivos
Pódense distinguir dous grandes tipos de aparellos dixestivos:
* Cavidade gástrica. É una especie de saco tapizado con células que comunica co exterior por un único orificio que actúa como boca e como ano.
* Tubo dixestivo.Trátase dun tubo, máis ou menos longo, que comeza na boca, por onde entran os alimentos, e termina no ano, por onde se expulsan os residuos. Ao longo deste tubo distínguense rexións que realizan misións dixestivas específicas e que están adaptadas ao tipo de alimentación do animal.

O proceso dixestivo dos vertebrados
Os vertebrados presentan dixestión extracelular que ocorre ao longo do tubodixestivo.
En xeral, constan de boca, onde é triturado o alimento e mesturado coa saliva; farinxe; esófago; estómago, que realiza a dixestión gástrica; intestino delgado, que finaliza a dixestión e absorbe os nutrientes, e intestino groso, onde se forman as feces.
Ademais, ao longo do tubo dixestivo existen glándulas anexas, que son as salivares, o fígado e o páncreas.


3.-Arespiración nos animais

No interior das células, os nutrientes son degradados nas mitocondrias mediante a respiración celular. Para levar a cabo esta degradación cómpre osíxeno e obtéñense enerxía e substancias de refugo.
O osíxeno procede do medio externo, ao que tamén se expulsa o dióxido de carbono. Este intercambio gasoso realízase no aparello respiratorio.

Superficiesrespiratorias

As superficies respiratorias son as rexións do aparello respiratorio a través das cales se produce o intercambio de gases entre o exterior e o interior do organismo.
Para que este intercambio se realice de forma satisfactoria, as superficies respiratorias deben ser delgadas, deben encontrarse sempre húmidas e estar revestidas por un gran número de vasos sanguíneos, co fin de facilitar ointercambio de gases.

4.-Tipos de respiración nos animais (I)

Os animais máis simples, como as esponxas, os pólipos e as medusas, non teñen aparellos respiratorios, e o intercambio de gases realízase a través de toda a superficies do corpo.
O resto de animais posúen un aparello respiratorio, adaptado ao medio en que viven.
Podemos distinguir catro tipos de respiración nos animais: cutánea,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Las lagrimas de shiva
  • Las Lágrimas De Shiva
  • Las lagrimas de shiva
  • Lagrimas de shiva
  • Las Lagrimas de shiva
  • Las Lágrimas De Shiva
  • Las lagrimas de Shiva
  • las lagrimas de shiva

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS