Letras Galegas 2012

Páginas: 28 (6850 palabras) Publicado: 13 de febrero de 2013
1898, abril, 23. Nace no barrio de Socorro de Lérez, Pontevedra. Fillo de Matilde e de Francisco. Infancia e estudos primarios e de segundo ensino en Pontevedra. Amais vai ser iniciado nas letras polo seu tío materno e veciño Juan Bautista Andrade, autor de libros de poemas en castelán.

1906. Morre a súa nai Matide.

1916. Coñece a Castelao en Pontevedra.

1917. Comenza os estudos deDereito en Santiago.

1917. Primeiras colaboracións xornalísticas en La Correspondencia Gallega e en Alma Galaica, de Pontevedra.

1919, xaneiro. Fala para os universitarios nun mitin das Irmandades da Fala na Sociedade Económica de Amigos do Pais en Santiago.

1919, novembro, 7-9. Asiste á asemblea nacionalista celebrada en Santiago. Colabora no vespertino Gaceta de Galicia, en Santiago

1919,novembro. Promove a tentativa de formar un grupo autonomista galego de estudantes en Santiago. Fracasa.

1920?. Fai o servizo militar en Pontevedra.

1920, xaneiro. Preside Xuventude Nazonalista en Santiago de Compostela.

1920, marzo. Trasládase a Vigo para fundar a Xuventude Nazonalista Viguesa.

1920, setembro. Comeza a colaborar en A Nosa Terra.

1921, maio. Licénciase en Dereitopola Universidade de Santiago de Compostela, e comenza a exercer a avogacía na Audiencia de Pontevedra.

1921, xullo. É chamado a filas e embarca en Vigo como soldado de cota co rexemento Murcia con destino á fronte de África. É destinado en Laucien e Xauén. Desde Tetuán, escribe artigos para El Noroeste da Coruña. Algúns destes artigos se reproducen en Progreso, Pontevedra.

1921. Comeza anovela "Soldado da morte". Inacabada.

1922. É ferido na fronte de guerra en Marrocos desde onde é evacuado en barco ata Murcia.

1922, xaneiro. Chega a Vigo como quinto repatriado e trasládase á Coruña. Na redacción de El Noroeste propónenlle colaborar nun novo xornal que se vai editar en Vigo.

1922. Trasládase a Vigo.

1922, maio, 27, sábado. Inaugúrase a exposición dos debuxos de Nós noSalón Recreo de Artesanos en Pontevedra. Presentación a cargo de Valentín Paz-Andrade.

1922, xullo, 25. Sae o primeiro número do xornal Galicia, de Vigo, do que é redactor xefe. En agosto convértese no seu director.

1923, abril, 8. Participa na concentración contra o novo imposto contribuínte no Circo-Teatro de Pontevedra.

1923, setembro, 14. Debido o seu editorial contra a ditadura dePrimo de Rivera é citado diante do gobernador militar de Vigo. Non se aceptan as críticas á recen nada ditadura.

1924, maio, 28 e 30. Publica uns artigos no Galicia, Vigo, polos que debe de ir ao cárcere.

1924, xullo, 1. Ingresa no cárcere de Vigo por dous artigos publicados no xornal Galicia. Múltano e permance quince días. Sae o día 15.

1924. Vaise Cádiz do Galicia e créase unha SociedadeAnónima con Valentín Paz-Andrade como primeiro accionista pero non conseguen cubrir o capital escriturado.

1925, decembro, 24. O gobernador civil de Pontevedra decreta a suspensión indefinida do Galicia. Paz-Andrade viaxa a Madrid e consigue que o ministro de gobernación revogue a orde de suspensión. O Galicia edítase de novo o 1 de xaneiro de1926.

1926, setembro, 15. Desaparece de vez oxornal Galicia.

1926, outubro. Volve exercer a avogacía en Vigo.

1927, abril, 1. D. José Barreras funda Industrias Pesqueras, revista marítima quincenal na que colabora dende os primeiros números.

1927, abril. Faise cargo do asesoramento da Sociedade de Armadores de Bouzas La Marítima

1927, decembro. Visita París e os portos de Bretaña.

1928. Publícase o seu primeiro libro técnico Lospuertos nacionales de pesca en España. Aportación de Vigo al estudio del problema, editado pola Unión de Entidades Viguesas.

1928, novembro. Defende aos autores do roubo e crime da fábrica do Areal en Vigo

1929, xaneiro, 1. Asina un artigo en Industrias Pesqueras, Vigo, co pseudónimo "Mareiro" por primeira vez.
 
1930, xaneiro. Participa na fundación do Grupo Autonomista Galego, en Vigo,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • DIA DAS LETRAS GALEGAS
  • Letras Galegas
  • El Sur Es Hardcore 2012(Letra)
  • Letra El Sur Es Hardcore 2012
  • Taller ortográfico válido de la pluralización de la letra (z)
  • Galego
  • Galego
  • Galego

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS