Literatura no exilio

Páginas: 3 (596 palabras) Publicado: 22 de abril de 2014
NOTA: 10
A LITERATURA GALEGA NO EXILIO
A represión desatada durante e con posterioridade á Guerra Civil imposibilitou a
continuidade literaria do galego. Non obstante, esta continuidade dásegrazas á actividade
desenvolvida no exilio, sobre todo en México e en Bos Aires, por Castelao, Blanco Amor ou Luís
Seoane, entre outros. Mediante a publicación de libros, as colaboracións en revistas, acreación de
grupos de teatro e outras actividades, representan a continuidade co labor das Irmandades da Fala e
o Grupo Nós.
Entre os poetas do exilio destacan Emilio Pita, Luís Seoane e LorenzoVarela. Emilio Pita
emigrou a Arxentina e publicou Jacobusland, de temática social e onde expresa a nostalxia que sente
e a profunda dor polos galeguistas mortos na guerra.
Luís Seoane é un dosartistas clásicos máis importantes da Galicia contemporánea. Correrá
coa dirección de revistas como Galicia emigrante. Na década dos 50 publica a maior parte da súa
obra literaria, na cal destacan asobras Fardel do Eisiliado, que reconstrúe a memoria da emigración
desde parámetros críticos; Na brétema, Sant-Iago; As cicatrices, que aborda a temática do exilio e da
emigración, e A maiorabondamento. Nas súas obras aborda a dimensión social e política cun reflexo
do mundo artístico e amosando o seu coñecemento histórico e cultural.
En Catro poemas para catro gravados, Lorenzo Varela exaltoucun ton épico as figuras
históricas de María Pita, do Roi Xordo, do Bispo Ataúlfo e de María Balteira. Outra das súas obras é
Lonxe, na cal exalta ós heroes da guerrilla antifranquista e deixa ver aausencia que sente pola súa
terra.
No exilio tamén vai xurdir unha nova narrativa que se nutre da crónica realista,
autobiográfica, arredor da infancia dos propios autores que a redactaron e dasperipecias vividas
durante a Guerra Civil. Destacan Ramón Valenzuela e Silvio Santiago.
Ramón Valenzuela estivo exiliado en Bos Aires. Nesta etapa existía un gran desfase entre a
data de redacción...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Literatura Y Exilio
  • A Literatura Galega No Exilio ( En Gallego)
  • La figura de martí en la literatura de exilio
  • exilio
  • los exiliados
  • el exilio
  • Los Exiliados
  • El Exilio

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS