Mostra_dic_quimica

Páginas: 11 (2653 palabras) Publicado: 30 de octubre de 2015
O mundo está feito de átomos e a lingua de palabras.
E, ao igual que na química ordenamos os elementos
nunha táboa periódica, na lingua empregamos os
dicionarios para ordenar as palabras ou, dito de
forma máis correcta, os “elementos formativos”.
Ocorre que o número de “elementos lingüísticos”
é inmenso, os seres humanos avanzamos moito
nos nosos coñecementos, mais non somos quen
de competir coanatureza en eficacia á hora de
gardarmos e transmitirmos información. O resultado
é que precisamos moitas palabras para describirmos
e nomearmos aquilo que nos rodea.
Neste dicionario temático incluímos uns 7000 lemas,
7000 “metafóricos átomos e moléculas” de uso na
química en galego, termos que son unha fracción
non exhaustiva dentro da totalidade imaxinábel.
Pretende ser unha aposta polaquímica, pola lingua
galega e, obviamente, pola súa combinación, neste
Ano Internacional da Química e no futuro inmediato.

DICIONARIO
de

QUÍMICA
Ramón Vilalta López
Juan José Guillín Fraga
Antonio Varela Caamaño

alambique

Dicionario de química
considerar que se trata dun proceso *exotérmico e, por
tanto, expresar a enerxía liberada como negativa.
afinidade química Sb. A. *Magnitude termodinámica quepermite determinar o sentido en que unha *reacción química transcorre de xeito espontáneo. Nun proceso a temperatura e presión constantes vén dada pola seguinte expresión:

onde ξ é o *grao de avance da reacción, G a enerxía
libre de *Gibbs, υ o *coeficiente estequiométrico dunha
especie dada e μ o seu *potencial químico. Pódese concluír que se a afinidade é positiva, a reacción resultaespontánea cara á formación de produtos, e se é negativa,
cara á de reactivos. Un valor nulo para a afinidade química constitúe outro criterio de *equilibrio químico.
aflatoxina Denominación xenérica das *toxinas vexetais
non-nitroxenadas e de orixe microbiano, derivadas da *cumarina. As primeiras aflatoxinas foron descubertas en cacahuetes contaminados por fungos do xénero Aspergillus.
A aflatoxina B1 é undos canceríxenos máis activos coñecidos e ten a estrutura que se presenta na seguinte figura.

agonista En bioquímica, substancia que interactúa coa
mesma conformación dun mesmo receptor provocando
unha resposta característica e presentando, por mor disto, propiedades fisiolóxicas e/ou bioquímicas parecidas.
Vid. antagonista.
agregado 1. Sistema formado por varias fases e no que se
distinguen asimple vista unhas das outras. 2. Grupo de
partículas que se manteñen unidas entre si.
agregado cristalino En xeoloxía, conxunto de cristais dun
*mineral. Vid. agregado.
AIBN CH3CNCH3C–N=N–CCH3CNCH3. Sigla moi empregada en síntese orgánica para designar o azodiisobutironitrilo. Emprégase comunmente como iniciador en *reaccións radicalarias.
AINE *Antiinflamatorios non-esteroideos.
aire Mesturagasosa que constitúe a *atmosfera terrestre
e fai posíbel a vida dos organismos aerobios. Está composto, principalmente, por *nitróxeno, *osíxeno e *argon, con pequenas cantidades doutros *gases nobres,
así como de *hidróxeno e, en proporción variábel, contén *dióxido de carbono e vapor de auga. A proporción
entre os diferentes constituíntes cambia lixeiramente en
función da altura sobre a superficie.A composición media do aire seco, por debaixo dos 25 km de altitude é a
da seguinte táboa.
Táboa. Composición media do aire seco

aforado -a Que posúe unha determinada capacidade de
medida [aplicado a un recipiente ou aparello de medida de
volume, caso dunha *pipeta, unha *probeta ou un *matraz].
OBS. Non debe confundirse nin asimilarse co tamén adxectivo graduado, pois precisamente aquelesaparellos graduados caracterízanse por presentaren máis dunha marca e
admitiren, por tanto, múltiples medidas; agás cos matraces,
tampouco é correcto, por redundante, aplicar a instrumentos para a medida de volumes o adxectivo volumétrico.
aforo 1. Liña que aparece pintada nalgúns aparellos empregados en análise volumétrica (*pipetas, *buretas, *matraces...)
que marca o volume exacto dun líquido a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS