Obesidade Infantil

Páginas: 7 (1523 palabras) Publicado: 25 de octubre de 2012
A OBESIDADE INFANTIL

1. ¿QUÉ É A OBESIDADE INFANTIL?

Tratase da acumulación excesiva de grasa corporal, especialmente no tecido adiposo, e que se pode percibir polo aumento do peso corporal cando alcanza o 20 por cento ou máis do peso ideal segundo a idade, a talla e o sexo do neno/a en cuestión. Para calcular o peso ideal dun neno entre 2 e 5 anos de idade, aínda que de forma apenasaproximada, hai que multiplicar a idade en anos por dous máis oito.
Exemplo: para saber canto debe pesar, en media, un neno de cinco anos, multiplica a idade (5) por 2 e suma 8. É dicir, 5*2+8= 18 kg. Este método non é exacto. Tratase de dar unha idea. O máis recomendable é consultar e considerar o que diga o pediatra do neno.

2. NENOS CON SOBREPESO

Para moitas familias, o ter un fillogordiño, mofletudo e cheo de pliegues é todo un logro, un sinal de que o neno está ben, forte e cheo de saúde. Pero os expertos en nutrición infantil non pensan igual. E van a máis: din que as familias están moi equivocadas. O que importa non é que o neno este gordo ou delgado. O que interesa é que o neno este san. Na última Xornada Nacional sobre Obesidade e Factores de Risco Cardiovascular,realizada en Madrid, España, diagnosticouse a obesidade infantil como unha enfermidade emerxente.
Tanto en Europa como en Estados Unidos, dende os anos noventa ata hoxe, a incidencia da obesidade duplicouse. España converteuse no segundo país da Unión Europea con maior número de nenos con problemas de sobrepeso, presentando un cadro de obesidade nun 16,1 por cento entre menores de 6 a 12 anos de idade,superado apenas polos datos de Gran Bretaña. Un feito alarmante nunha sociedade que leva no seu “currículo” unha das mellores dietas alimentarias do mundo: a dieta mediterránea, e na cal fai só quince anos presentaba apenas un 5 por cento de menores obesos.

3. QUÉ E CANTA CANTIDADE DEBE COMER UN NENO

Non existe unha cantidade exacta de comida a que debe consumir un neno. Cada neno é unmundo distinto, e os seus desexos e necesidades son diferentes. En razón deso, é o neno o que pode dicir, con exactitude, cánto pode comer. E non se pode obrigar a que coma máis. Nin polas boas ni polas malas. Normalmente, os nenos comen máis que as nenas, pero en cuestión de apetito non se pode xeneralizar.

4. CAUSAS DA OBESIDADE INFANTIL

A obesidade infantil está considerada actualmentecomo a epidemia do século XXI, se os hábitos alimenticios e o estilo de vida das familias non o remedian. Segundo os especialistas en temas de obesidade, os cambios alimenticios e as novas formas de vida sedentarias son os principais desencadeantes no aumento da obesidade infantil.
A elección dos alimentos por parte dos pais para confeccionar unha dieta equilibrada para toda a familia e arealización de actividade física a diario son os factores que máis poden contribuír a que os nenos non presenten sobrepeso.

5. COMIDAS ATRACTIVAS, PERO SEN NUTRINTES PARA OS NENOS

Moitos pais teñen que dividirse entre as múltiples tarefas, laborais e domésticas, e resúltalles máis cómodo ofrecer unha comida rápida os seus fillos. Empezan cos bolos industriais, seguen os nuggets e terminan coaschuches. Día tras día, estes hábitos alimenticios convértense nunha mala costume. As comidas resultan moi atractivas polo seu aspecto, pero non levan os nutrintes nin as vitaminas necesarias para que os nenos medren fortes e sans.
Para eses pais, normalmente os que nunca teñen tempo, o máis importante é saciar a fame dos seus fillos, sen preocuparse se están ou non comprometendo o futuro da súasaúde. Os pais, do mesmo modo que moitos avós, tamén pecan coa preocupación esaxerada pola cantidade de comida que consumen os nenos. Ofrécenlles uns menús sen considerar os controis en canto as graxas, azucres e outros compoñentes que só engordan existen máis informacións sobre o tema, pero os hábitos seguen cambiando para peor.
O ideal, segundo os expertos, é que un neno consumira unhas duas mil...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Obesidade Infantil
  • A obesidade
  • Obesidade
  • Infantil
  • infantil
  • Infantil
  • infantil
  • infantil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS