OS ESTADOS DO MUNDO

Páginas: 6 (1314 palabras) Publicado: 8 de diciembre de 2014
TEMA 3: OS ESTADOS DO MUNDO
O ESTADO: DEFINICIÓN E COMPOÑENTES
O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e todos os seus habitantes se someten á súa autoridade.
Un Estado está formado por un territorio cunhas fronteiras claras e recoñecidas internacionalmente, no que vive unha poboación que se rexe por un mesmo goberno e unhas mesmas leis. Ademais, posúeuns símbolos que o identifican, como son un himno, unha bandeira, unha capital e unha moeda.
O TERRITORIO
Todos os Estados teñen un territorio sobre o que exercen o seu poder. Este territorio está delimitado por unhas fronteiras que o diferencian dos demais Estados.
Ningún estranxeiro pode traspasar as fronteiras sen autorización. Pero o Estado tampouco pode actuar fora desas fronteiras.
APOBOACIÓN
A poboación que vive no territorio dun Estado é o conxunto dos cidadáns dese Estado.
Os cidadáns teñen uns dereitos recoñecidos que o Estado debe respectar, pero tamén teñen unha serie de obrigas, como pagar impostos. Ninguén pode deixar de cumprir estas obrigas, e se o fai, sufrirá unha sanción.
A poboación dun Estado non é homoxénea: adoitan convivir persoas de distintas relixións,linguas e costumes.
O PODER DO ESTADO
Para regular o territorio e a poboación, o Estado dita un conxunto de leis que deben ser obedecidas por todas as persoas e organizacións que forman parte dese Estado.
Ademais, crea un conxunto de institucións que teñen a misión de facer efectivas as decisións do Estado: unha policía para manter a orde pública, un exército para defenderse das agresiónsexteriores, un corpo diplomático que se ocupe das relacións internacionais e un conxunto de funcionarios que leve a cabo as distintas políticas.
A DIVERSIDADE DOS ESTADOS
Na actualidade, o mundo está formado por uns 200 Estados. Pero hai grandes diferenzas entre eles.
Uns Estados creáronse recentemente e outros teñen unha longa historia.
Uns Estados son moi grandes e outros son diminutos.
Non todosos Estados son igual de poderosos.

AS FUNCIÓNS DO ESTADO
Os Estados desempeñan un amplo número de funcións:
1. Manteñen a orde pública dentro do seu territorio.
2. Defenden o seu territorio e os seus cidadáns contra as agresións exteriores.
3. Establecen relacións internacionais. Fundan embaixadas e consulados noutros Estados.
4. Elaboran leis que regulen o funcionamento do propio Estadoe os conflitos que poidan xurdir entre os seus cidadáns, co fin de asegurar a convivencia.
5. Proporcionan servizos esenciais: a educación, a sanidade, o transporte...
6. Regulan a economía e as relacións laborais.
Os Estados non sempre dan cumprido estas funcións, co que fomentan conflitos en lugar de reducilos.
O ESTADO DE BENESTAR
Dicimos que existe un Estado de benestar, tamén chamadoEstado social, cando os gobernos interveñen na economía e na sociedade co fin de lograr que todos os cidadáns teñan un nivel de vida digno e se reduzan as desigualdades sociais.
Para iso, os Estados, con diñeiro dos impostos, ofrecen servizos de saúde e educación gratuítos para todos, conceden subsidios, establecen pensións para os xubilados e fixan un salario mínimo por debaixo do cal é ilegalcontratar a traballadores.
Na actualidade, o Estado de benestar unicamente existe nos países desenvolvidos, e é máis forte nos países europeos.
OS ESTADOS DEMOCRÁTICOS
Segundo quen teña o poder político e como o exerza, pódense distinguir entre Estados democráticos e ditaduras.
A palabra democracia procede da unión de dous termos gregos: demos que significa “pobo” e kratos que significa “goberno”.Polo tanto, a palabra democracia quere dicir goberno do pobo. A democracia parte da seguinte idea: xa que as decisións dos gobernos deben ser acatadas polos cidadáns, estes deben tomar parte nas decisións.
Para que consideremos que un Estado é democrático, débense cumprir tres características: que os cidadáns participen no goberno, que haxa unha separación de poderes e que exista un Estado de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • As Relixóns Do Mundo
  • A orde criminal do mundo
  • A Nossa Comprensão Do Mundo
  • Natal Ao Redor Do Mundo
  • Copa do Mundo 20014 y su Costo Social
  • O orde criminal do mundo
  • Anait es una de esas novelas que susurran al o do del lector la existencia de mundos remotos
  • La Do Mi Do

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS