Poetízate

Páginas: 5 (1134 palabras) Publicado: 3 de febrero de 2014
A POESÍA NON MORDE
Guión de traballo sobre o libro Poetízate. Antoloxía da poesía galega
(selección de textos a cargo de Fran Alonso)
O obxectivo básico deste traballo é que leas enteiro un libro de poesía, sen medo, sen
complexos, e que, cando remates de lelo, sintas que non resultou unha experiencia
negativa, pesada ou aburrida.
Oxalá haxa xorte e poidas dicir que acertei escollendo estelibro para que realices un
pequeno labor de reflexión sobre a poesía.
A ortografía e a presentación son partes fundamentais e a súa corrección verase
reflectida na nota. O traballo deberá constar de portada, índice e bibliografía consultada,
tanto se a presentación e en papel ou en soporte dixital.

A realización deste libro consta de varias fases:

Primeira fase: lectura

a) lectura dolimiar de Fran Alonso, onde explica os motivos polos que
elaborou este libro.
b) lectura da antoloxía de poemas, desde Rosalía de Castro a Antía
Otero/Rosalía Fdez Rial; aconsélloche que a medida que vaias
avanzando na lectura dos poemas, apuntes no teu caderno a páxina
na que se atopan os teus favoritos (e tamén versos soltos que che
gusten).
c) lectura do apartado titulado Visita guiada,onde Fran Alonso ofrece
pistas para comprender mellor moitos dos poemas do libro. Préstalle
atención, pois pode resultar de grande axuda para levar a bo porto
este traballo.

1

Segunda fase: comentario do limiar/ cubrir esquema cronolóxico
Contesta ás seguintes preguntas sobre o limiar de Fran Alonso:
Cales son os tres tópicos que existen sobre a poesía?

Antes de comezar a lecturadeste libro, dirías que estabas de acordo con algún
deses tópicos? Con cal deles? Por que razón?

Despois da lectura dos poemas deste libro, cambiou en algo a túa idea sobre a
poesía? Por que?

Por favor, responde con total sinceridade: volverías ler algún libro de poesía se
non te obrigase o teu profesor/a? Por que?

Comenta o que significan para ti os seguintes fragmentos do limiar:a)“Así que o fundamental na poesía non é comprender o que se nos di, senón
sentir o ritmo do poema, a súa sonoridade, os xogos de palabras que ás veces nos
deslumbran, as fascinantes imaxes que nos ofrece”

b)“Pero, en todo caso, teño que dicirche que a poesía acompaña, desde sempre, o
ciclo da nosa vida, nas cancións e na música, e que serve moi especialmente para
explicar as emocións que nonveñen no dicionario.”

c)“A lingua, nun poema, é como o chicle, pódese sacar da boca e estirar ata que
rompa. E moitas veces rompe.”

2

-

Cubride os ocos do seguinte esquema cronolóxico coa autores/as e obras que falten:

1.SÉCULO XX:
-------------------------------: Follas Novas
Eduardo Pondal: ----------------------------------------------------------: Aires da miña terra
2. POESÍADE PREGUERRA:
--------------------------: A rosa de cen follas
--------------------------: Sombra de aire na herba
Manuel Antonio: -------------------------------------------------------: Cantiga nova que se chama riveira
3. POESÍA DE POSGUERRA
Antón Tovar:---------------------------------------------------------: Longa noite de pedra
4. POESÍA DA XERACIÓN DOS 50
Novoneyra:------------------------------------------------------: Terra chá
--------------------------: Himno verde
--------------------------: Con pólvora e magnolias
POETAS DOS 80
--------------------------: Ningún cisne
Xulio Valcárcel: -----------------------Claudio Rdguez Fer: --------------------------------------------------: Capitán inverno
Rompente:---------------------------------------------------------------------: Sétima soidade
Lois Pereiro: ----------------------------------POETAS DOS 90
Miro Villar: ------------------------------------------------------------------: Choiva, vapor e velocidade
Kiko Neves: --------------------------------

3

-------------------------------: Pornografía
Olga Novo: ----------------------------------------------------------------------: Elevar as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Poetízate
  • Poetízate

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS