Practicas farmacia hospital

Páginas: 31 (7716 palabras) Publicado: 10 de mayo de 2014
INTRODUCCIÓN
O HOSPITAL DA BARBANZA é un Hospital Xeral Básico (comarcal ou de primeiro nivel) dotado de 80 camas e 4 nidos; que conta cos seguintes servizos médicos, repartidos en dúas unidades de hospitalización:
Medicina interna Cirurxía xeral Traumatoloxía
Pediatría XinecoloxíaObstetricia
Oftalmoloxía Otorrinolaringoloxía Uroloxía.
Engloba tamén:
Consultas externas de: pediatría, dixestivo, neuroloxía, otorrinolaringoloxía, dermatoloxía, endocrinoloxía, nefroloxía, rehabilitación, cardioloxía, pneumoloxía, cirurxía xeral e reumatoloxía.
Servizos centrais: análises clínicos, quirófano e despertar, radioloxía,farmacia, urxencias e paritorio.
Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO) de 24 camas.
Unidade de diálise.
Ademais desde o Hospital, proporciónase atención farmacéutica e medicación para atender as 110 prazas da residencia sociosanitaria “Residencia de Maiores de Riveira”.
O principal obxectivo do Servizo de Farmacia Hospitalaria é o USO RACIONAL DOS MEDICAMENTOS, dando soporte, a travésdas distintas seccións da actividade, á demanda asistencial da Área Sanitaria que lle compete.

FUNCIÓNS QUE DESEMPEÑAN OS FARMACÉUTICOS
• Adquisición de medicamentos e xestión de stocks.
Realízase a adquisición dos medicamentos incluídos na Guía Farmacoterapéutica (GFT) do Hospital e tamén daqueles que, sen estar incluídos nela, teñan xustificada a súa utilización nun doente concreto.
Podetratarse de:
Medicamentos rexistrados en España: en envase normal ; en envase clínico ; hemoderivados e estupefacientes.
Os estupefacientes adquírense de forma peculiar, xa que é necesario o uso de vales oficiais que se tramitarán co provedor que corresponda a través de correo certificado, e non de maneira informática. Tódolos estupefacientes serán rexistrados no Libro de Estupefacientes,dándoselle a saída correspondente no momento da súa dispensa.
Outros produtos: Fórmulas Maxistrais (preparadas pola industria farmacéutica ou por oficinas de farmacia) e preparados para nutrición enteral.
Medicamentos en situacións especiais: medicamentos con uso fóra de ficha técnica, medicamentos estranxeiros e medicamentos en uso compasivo (neste último grupo, a tramitación da adquisición require aautorización da Dirección do centro hospitalario, o consentimento informado do doente e un informe do facultativo prescritor; e realízase vía telemática, a través do Ministerio de Sanidade).

En canto á xestión dos medicamentos, os pedidos elabóranse mensualmente, tendo en conta as existencias e o histórico de consumos de cada medicamento.
A elección dos provedores non valorará unicamente aoferta económica, senón tamén que o acondicionamento sexa adecuado para doses unitarias (cada dose debe conter toda a información regramentariamente requirida: nome do medicamento, principio activo, nº de lote, caducidade); que non sexa esixido un pedido mínimo; que se cumpran os compromisos nos prazos de entrega…. Tamén terán preferencia os Equivalentes Farmacéuticos Xenéricos.
É importantemanter un exhaustivo análise do produto recibido: condicións, nº de unidades, forma farmacéutica, código nacional…. Salvo excepcións, non se admitirán marxes de caducidade inferiores a 6 meses, e tódolos datos serán debidamente introducidos no programa informático SINFHOS.
Neste apartado tamén se inclúen as actividades de realización de informes de consumo ou de gasto por unidade clínica ou por grupoterapéutico, que se elaboran con carácter mensual.

• Almacenamento, conservación e control dos medicamentos adquiridos.

Control interno do servizo de Farmacia:
Os medicamentos colócanse no almacén segundo as súas características propias de: fotosensibilidade, termolabilidade, inflamabilidade, volume que ocupa…. Os estupefacientes e psicótropos almacénanse en caixa metálica de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • practicas de farmacia
  • Logística hospitalar – gestão de farmácias
  • Practica de regencia de farmacia
  • Buenas Prácticas en Farmacia
  • Trabajo Práctico Auxiliar De Farmacia
  • BUENAS PRACTICAS DE FARMACIA
  • Caso practico: farmacia estrella
  • Reporte De Practicas De Hospital Siquiatrico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS