Prerrexurdimento

Páginas: 28 (6986 palabras) Publicado: 4 de enero de 2013
A LITERATURA NO SÉCULO XIX. PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO Tema 7

Slide 3
O SÉCULO XIX No século XIX e nos comezos do séc. XX desenvólvese un 4permite a consolidación dun sistema literario galego autónomo. Resulta admirable o labor dos nosos escritores e escritoras do Rexurdimento, que comezan a utilizar como lingua literaria un idioma desprezado pola cultura oficial e relegado a linguarural e familiar. A utilización do galego é reflexo dunha actitude de compromiso, o que explica a abundante temática comprometida da literatura galega contemporánea. No século XIX a literatura galega corre paralela á orixe e ao desenvol-vemento da ideoloxía galeguista. Primeiro provincialista, para os precursores; despois rexionalista, para os autores do Rexurdi-mento pleno; máis tarde nacionalistapara os creadores do grupo Nós.
Slide 4
Condicionanates históricos 1. A pegada da Ilustración 5. O impacto do Romanticismo na primeira metade do séc. XIX 7. A chegada do Realismo a partir de 1850 2. A loita contra a invasión napoleónica 3. A retirada do título de Reino a Galiza e a división do territorio en catro provincias dependentes directamente de Madrid (1833) 6. O nacemento do Galeguismo: OProvincialismo e os Mártires pola Liberdade, en Carral, en 1846. 4. As miserables condicións de vida nas que se atopaba o pobo galego, condenado á emigración para sobrevivir. A marxinación de Galiza e da súa lingua por parte dos poderes centrais. MAMASUNCIÓN, CHANO PIÑEIRO. 1984
Slide 5
A SOCIEDADE O caciquismo O traballo das mulleres na fábrica de tabacos de A Coruña As conserveiras O séculoXIX (sociedade) Na Galiza do XIX, o 80% da poboación era esencialmente rural e atopábase dispersa polo territorio. Os campesiños non eran donos das terras que traballaban e estaban suxeitos , ademais de ás rendas forais, a moitos outros impostos: laudemio, rateos, apeos, décimos para a Igrexa e trabucos para o Estado. A pesar da desamortización de Mendizábal, en Galiza a estrutura feudal do AntigoRéxime mantívose inalterada, allea ao novo sistema económico capitalista baseado na industrialización, aquí case non existía e estaba en mans da burguesía comercial foránea. A produción agraria era destinada ao autoabastecimento dos labregos e á vida disipada dos señores da terra. As vías de comunicación estaban defasadas e o ferrocarril tardaría en chegar. A terceira parte da poboación galegaemprendeu o éxodo cara a América. Sen terra Sen pan Sen liberdade Cheos de impostos EMIGRACIÓN
Slide 6
O ROMANTICISMO Reacción contra o racionalismo ilustrado. Ansias de liberdade e defensa do individualismo. Berce dos nacionalismos iden-titarios. As nacionalidades euro-peas (as modernas nacións-es-tado) xorden desta defensa ro-mántica do patriótico, así como as reclamacións de indepen-dencia dospaíses colonizados. Orixe alemá, estendido a Fran-cia Gran Bretaña e resto de Eu-ropa e aos EEUU, na primeira metade do séc. XIX. Movemento do gusto burgués pola súa defensa do individuo e a súa exaltación do sentimento fronte á razón. As súas pegadas chegan até o Surrealismo, pasando polo Mo-dernismo. Da Revolución Francesa naceu a Declaración dos De-reitos do Home e do Cidadán (1789), dela o Dereitoa Autodeterminación dos Pobos e a moderna Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948). Sen elas e sen a defensa da cultura tradicional, do folclore, das lendas e mitos de cada pobo, do pasado lendario… abrazados polo Romanticismo, non se terían producido as revolucións románticas do XIX, nin tería eclosionado o Galeguismo, nin o inicio do rexurdir cultural de Galiza coa poesía románticaprerrosaliá. Porén o Rexurdimento pleno non está baixo o signo do Romanticismo, senón do Realismo.
Slide 7
O GALEGUISMO O nacemento da conciencia reivindicativa xorde do panorama desolador no que se atopaba a Galiza decimonónica: Atraso económico Inhumana situación do labrego Emigración como única alternativa Escaseza de vías de comunicación Caciquismo Illamento físico, político, económico,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS