Prueba de subida

Páginas: 74 (18469 palabras) Publicado: 10 de mayo de 2011
Manual básico de documentación administrativa

Manual básico de documentación administrativa

Secretaria Xeral de Política Lingüística: María Sol López Martínez Autoras: Maricarme García Ares Concha Martínez Mayo Susana Mayo Redondo (Seminario Permanente de Linguaxe Administrativa) Coordinadores: Manuel Rico Verea Xosé Sánchez Puga

Edita: Xunta de Galicia
Secretaría Xeral de PolíticaLingüística 2ª Edición, 2006

Deseño gráfico: uqui IIIII cebra Imprime: Galigraf Galicia S.L.
ISBN: 84-688-6013-1 Depósito legal: C-273-2006

Nota á segunda edición Coa finalidade de adaptar este volume á nova estrutura da Xunta de Galicia, cambiáronse as cabeceiras impresas e as denominacións dos departamentos. Porén, mantivéronse as datas dos modelos de documentos.

Limiar

A SecretaríaXeral de Política Lingüística, consciente da importancia que supón para Galicia o proceso de normalización lingüística, considera como obxectivo prioritario, necesario e básico, ocuparse da modernización da linguaxe administrativa galega, para que todos os funcionarios que presten os seus servizos en Galicia sexan arquetipos na súa comunicación cos cidadáns. Unha revisión panorámica dos traballosfeitos neste ámbito pode darnos unha idea do interese que suscitou a renovación da linguaxe administrativa galega. Desde as primeiras achegas feitas pola Sección de Linguaxe Administrativa do Instituto da Lingua Galega e o importante labor da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística ata a creación da Escola Galega de Administración Pública ou máis recentemente do TERMIGAL,podemos presumir do intenso labor de profesionalización e actualización da administración galega, que é consciente da necesidade de adaptar o seu funcionamento ás esixencias da sociedade. A Xunta de Galicia ten a responsabilidade de atender as demandas da cidadanía galega e por iso presenta hoxe este Manual básico de documentos administrativos da Xunta de Galicia, co obxectivo de mellorar a formación dopersoal ó servizo da Administración autonómica. Este propósito sen dúbida repercute na calidade dos servizos públicos e no cumprimento da obriga que a Administración autonómica ten de garantir o dereito do pobo galego a expresarse na súa lingua. A nosa lingua, como expresión vivencial do pobo, debe ser de atención preferente, para que sexan o seu coñecemento e uso unha realidade plenamentesatisfactoria que, lonxe de tensións e apropiacións particulares, una a todos os galegos na empresa común de conservala e transmitírllela ás novas xeracións.

María Sol López Martínez
Secretaria Xeral de Política Lingúística

5

Introdución

A calidade das comunicacións escritas de carácter administrativo cobra importancia porque son a forma básica de relación entre a Administración e asociedade. Nesta dirección, a Administración galega realizou un intenso labor de formación para que os funcionarios e as funcionarias acadasen a competencia na lingua que soporta a maior parte do seu traballo: o galego. Agora, superada a fase de corrección gramatical e ortográfica, cómpre garantir unha comunicación áxil e de calidade. Daquela, para renovar e modernizar a documentación hai que acudir aoutros parámetros: a mellora na redacción, a organización de contidos e o deseño dos documentos. A Dirección Xeral de Política Lingüística, a través do Seminario Permanente de Linguaxe Administrativa, iniciou hai tres anos un plan de renovación que comezou pola revisión didáctica e programática dos cursos de formación. Nunha segunda fase, realizáronse seminarios de traballo do profesorado que nospermitiron botar a andar o proxecto ó mesmo ritmo en todas as delegacións. Como resultado do esforzo conxunto dos profesionais, das súas reflexións e das demandas do persoal que enfronta diariamente o labor administrativo, tomou forma a idea de elaborar un manual de documentación administrativa. O libro que presentamos debe verse como o primeiro froito deste esforzo de coordinación. A nosa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Prueba de subida
  • Prueba subida
  • prueba de subida
  • Prueba De Subida
  • Prueba Para Subir
  • Prueba Para Subir Un Archivo
  • prueba subir trabajos
  • Prueba de subida

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS