Redes

Páginas: 51 (12683 palabras) Publicado: 18 de diciembre de 2012
Concepto de Sistema Operativo
Unha computadora moderna é un sistema complexo que consta de un ou mais procesadores, memoria principal, discos duros, impresoras, teclado, rato, pantalla, interface de rede e outros dispositivos de entrada/saída. Se os programadores de aplicacións tiveran que comprender o funcionamento de todos estes compoñentes, non escribirían código algún.
"Por este motivo,as computadoras están equipadas cunha capa de software chamada Sistema Operativo, que ten como misión proporcionar aos programas de usuario un modelo de computadora mellor, mais simple e limpo, así como encargarse da administración de todos os recursos antes mencionados."
Cando un usuario interactúa cun Sistema Operativo como Windows, Linux, FreeBSD ou Mac OS X, faino cun programa que se denominashell, cando está baseado en texto, e GUI (Graphical User Interface, Interface Gráfica de Usuario) cando utiliza elementos gráficos.

Na seguinte imaxe aparece un esquema xeral dos compoñentes principais dunha computadora e o seu software, nela podemos ver que a ubicación do Sistema Operativo no conxunto fai que este se execute directamente sobre o hardware e proporciona a base para as demaisaplicacións software.
A maioría das computadoras teñen dous modos de operación: modo kernel e modo usuario.
* O Sistema Operativo é a peza fundamental do software e se executa en modo kernel (ou modo supervisor). Neste modo, o Sistema Operativo ten acceso completo a todo o hardware e pode executar calquera instrución que a máquina sexa capaz.
* O resto do software se executa en modousuario, no que só un subconxunto de instrucións máquina están permitidas. En particular, as que afectan ao control da máquina ou as que se encargan da E/S están prohibidas para os programas que se executan neste modo.
Os Sistemas Operativos difieren dos programas de usuario en varias cuestións ademais do lugar onde residen. En particular, son "enormes", complexos e teñen unha vida útil moi longa.O código fonte dun SO como Linux ou Windows contén cerca de cinco millóns de liñas de código (só o kernel), polo que non é moi normal que cambien "a miúdo".
Funcións do Sistema Operativo
Un Sistema Operativo (SO) é un programa que ten encomendadas unha serie de funcións diferentes cuxo obxectivo é simplificar o manexo e a utilización da computadora, facéndoo seguro e eficiente.Históricamente fóronse completando as misións encomendadas ao SO, polo que os produtos comerciais actuais inclúen unha grande cantidade de funcións, como son as interfaces gráficas, protocolos de comunicación, etc.
As funcións clásicas do sistema operativo pódense agrupar nas tres categorías seguintes:
* Xestión dos recursos da computadora.
* Execución de servizos para os programas.
*Execución dos mandatos dos usuarios.

Tal e como pode verse na Figura, o SO está formado conceptualmente por tres capas principais:
* A capa mais próxima ao hardware denomínase núcleo (kernel) e é a que xestiona os recursos hardware do sistema e a que subministra a funcionalidade básica do SO. Esta capa execútase a nivel de núcleo, mentres que as outras poden executarse en niveis menos permisivos.* A capa de servizos ou chamadas ao sistema ofrece aos programas uns servizos en forma dunha interface de programación ou API (Application Programming Interface). Dende o punto de vista dos programas, esta capa estende a funcionalidade da computadora, polo que adóitase dicir que o SO ofrece unha máquina virtual estendida aos programas. Desta forma facilítase a elaboración destes, posto que seapoian nas funcións que lle subministra o SO.
* A capa de intérprete de mandatos ou shell subministra unha interface ao través da cal o usuario pode dialogar de forma interactiva coa computadora. O shell recibe os mandatos ou ordes do usuario, os interpreta e, se pode, os executa. Dado que o shell adoita executarse no nivel de usuario, algúns autores consideran que non forma parte do SO....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Red De Redes
  • Red de redes
  • Redes
  • Redes
  • Redes
  • Redes
  • Redes
  • Redes

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS