Refuerzo

Páginas: 5 (1238 palabras) Publicado: 10 de noviembre de 2013
TEMA 1*

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS. (p. 187-193)

1.- A poesía no tempo das Irmandades.

1.1.- O tránsito intersecular. Do estancamento á renovación.

1.2.- Autores;
1.2.1.- Ramón Cabanillas.
1.2.2.- Antonio Noriega Varela.
1.2.3.- Gonzalo López Abente.
1.2.4.- Victoriano Taibo.

1.-A poesía no tempo das Irmandades.
1.1.- O tránsito intersecular. Do estancamento á renovación.

A comezos do século XX, escríbense máis obras en galego, pero son de menor
calidade (imitación das liñas temáticas do Rexurdimento: costumismo ruralista, poesía
civil, historicismo celtista,...). A prensa está en castelán, só algúns versos e o subtítulo
das viñetas aparece en galego. Na narrativae no teatro é anecdótico o seu uso, e
case só se escribe poesía.
Neste contexto, os escritores vinculados ás Irmandades da Fala abren o
camiño para una segunda renacenza. En poesía destaca o labor de Ramón
Cabanillas.
As Irmandades, organización creada a primeira na. Coruña no 1916, foron as
encargadas de dinamizar a literatura galega, xa que tiñan como un dos principais
obxectivos adignificación e expansión de usos do noso idioma. Para lograr este
obxectivo puxeron en marcha distintas iniciativas como por exemplo: animar o cultivo
literario do galego; ampliar o círculo de lectores; diversificar e renovar os xéneros;
traducir obras da literatura universal, demostrando a validez do galego para todo tipo
de ideas, conceptos e propostas literarias; crear editoriais como“Céltiga”, “Lar” e
“Nós”; potenciar a escrita de obras dramáticas en galego e favorecer a creación de
compañías teatrais; e alentar o labor dos coros populares.

1.2.- Autores:
1.2.1.- Ramón Cabanillas.
Datos biográficos.

Este autor de Cambados en 1910 marcha para Cuba, onde entra en contacto
cos núcleos galeguistas e onde publica os seus dous primeiros poemarios, No
desterro e Vento mareiro. En Cubacoñece a Basilio Álvarez, o dirixente da Liga de
Acción Gallega: impresionado pola súa oratoria, asume o ideario galeguista e
convértese en portavoz literario do movemento.
Cando regresa a Galiza é recibido como o gran poeta que as letras galegas
precisaban (Poeta da Raza). Participa na. creación das Irmandades e convértese nun
activista compoñendo obras de mensaxe galeguista.
Ingresou na.Academia Galega e na. Real Academia Española.
Na posguerra, xoga un papel simbólico na. recuperación da cultura galega. É o
autor da primeira obra publicada pola editorial Galaxia no 1951: A antífona da cantiga.

Traxectoria literaria.

Encádrase na. “Xeración das Irmandades” ou “Xeración do 16” (irmán maior).
Como escritor consolídase na segunda década do XX. E o seu traballo coasIrmandades deulle o nome de “Poeta da Raza”.
Considerado un dos poetas máis importantes porque sintetiza na súa obra o
Rexurdimento galego coas liñas poéticas innovadoras europeas, combinando dúas
clases de elementos que dan lugar a una obra rica e plural:
Elementos procedentes da tradición: a literatura clásica grecolatina (Horacio,
Virxilio,...), o romanticismo serodio europeo (Heine), folclorepopular galego e o
Rexurdimento (Rosalía, Curros e Pondal).
Elementos anovadores do Simbolismo e Postsimbolismo (Baudelaire,
Rimbaud, Verlaine,..), do Modernismo hispanoamericano (Rubén Darío), e do
Saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaes).
Do Modernismo adopta as roupaxes externas: a métrica e o ritmo, os versos
alenxadrinos ou os sonetos de arte menor, un lixeiro exotismo, o gustopolo sensual, a
musicalidade, o preciosismo verbal e os efectos coloristas. Outros trazos, porén,
afástano desta estética: o gusto polos motivos folclóricos, o emprego de léxico
rural/mariñeiro, a presenza da anécdota narrativa, ou ideal ético cunha finalidade
concienciadora.
Aínda que poeta tardío, a lonxevidade e fecundidade da súa obra fan que esta
experimente una evolución formal e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • refuerzos
  • refuerzo
  • refuerzo
  • Refuerzos
  • refuerzo
  • refuerzo quimica
  • Refuerzo Intermitente
  • ciclos de refuerzo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS