registro inicial

Páginas: 66 (16359 palabras) Publicado: 14 de junio de 2014
21

Núm. 110 – Lunes, 16 de Mayo de 2011

B.O.P de Lugo

Anuncio
CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o texto do convenio colectivo para o sector INDUSTRIAS DE SIDEROMETALÚRXICA, da provincia de Lugo,
asinado o día 24 de marzo de 2011, pola representación da Asociación de Comerciantes e Industriais
Metalúrxicos de Lugo, Asociación de Instaladores Electricistas e de Telecomunicaciones de Lugo,Asociación de
Empresarios Calefactores e Fontaneros da Provincia de Lugo, Asociación de Fabricantes de Ventanas da provincia
de Lugo, Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo e das centrais sindicais CCOO (46.82%),
UGT (28.46 %) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do
24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Leido Estatuto dos traballadores, e no Real decreto
713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
ESTA XEFATURA TERRITORIAL, ACORDA:
Primeiro: Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Xefatura, así como o
seu depósito.
Segundo: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 10 de maiode 2011.- Xefa do Servizo de Relacións Laborais, Matilde I. Alonso da Cunha
TEXTO ARTICULADO DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA AS INDUSTRIAS DE
SIDEROMETALÚRGICA DE LUGO
CAPÍTULO I
EXTENSIÓN E ÁMBITO DO CONVENIO COLECTIVO
Artigo 1.- ÁMBITO FUNCIONAL E PERSOAL
O ámbito funcional da industria e os servicios do metal comprende a todas as empresas e traballadores que
realizan a súaactividade, tanto no proceso de producción, como no de transformación nos seus diversos
aspectos, de manipulación ou almacenaxe, comprendéndose, así mesmo, aquelas empresas, centros de traballo,
talleres de reparación de vehículos, con inclusión dos de lavado, entrase e instalación de neumáticos, ou talleres
que levan a cabo traballos de carácter auxiliar, complementarios ou afins, directamenterelacionados co sector,
ou tarefas de instalación, montaxe, reparación mantemento ou conservación, incluidos en dita rama ou en
calquera outra que requira tales servicios, así como, as empresas fabricantes de compoñentes de enerxía
renovable.
Tamén será de aplicación ás industrias metalgráficas e de fabricación de envases metálicos e botería, cando na
súa fabricación se utilice chapa de espesorsuperior a 0,5 mm., xoiería e reloxería, fontanería, instalacións
eléctricas, de aire acondicionado, calefacción, gas, placas solares e outras actividades auxiliares ou
complementarias da construccio´n, tendidos de liñas de conducción de enerxia, tendidos de cables e redes
telefónicas, sinalización e electrificación de ferrocarrís, instaladores e mantemento de grúas torre, industrias de
óptica emecánica de precisión, montaxe, lectura e mantemento de contadores eléctricos, fabricación e montaxe
de rótulos luminosos, instalación e mantemento de parques eólicos, recuperacion e reciclaxe de materias primas
secundarias metálicas, fabricación ou manipulación de circuitos impresos, así como, aquelas actividades,
específicas e/ou complementarias, relativas ás infraestructuras tecnolóxicas eequipos da información e as
telecomunicacións.
Estarán igualmente afectadas todas aquelas actividades, novas ou tradicionales, afíns ou similarse ás incluidas
nos apartados anteriores do presente artigo.
As actividades antes sinaladas, que en razón do seu desempeño prevalente na empresa resultan integradas no
campo de aplicación do presente Convenio, se relacionan a título enunciativo e nonexhaustivo no Anexo I do
Acordo Estatal do Sector do Metal [BOE de 20 de marzo de 2009].
Quedarán unicamente excluídas do ámbito do Convenio Colectivo as empresas dedicadas á venda de artigos en
proceso exclusivo de comercialización.
As condicións pactadas no Convenio Provincial, na súa globalidade, teñen carácter de mínimos obrigatorios.
Artigo 2.- ÁMBITO TERRITORIAL
A normas deste Convenio...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Registro auxiliar de educacion inicial
  • Instrumentos Registro de Educacion Inicial
  • Tipos De Registros En Educacion Inicial
  • Modelos de registros utilizados en educación inicial
  • Registrador
  • registro
  • Registro
  • Registros

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS