Riscos Xeolóxicos, Masas Fluídas, Clima

Páginas: 24 (5999 palabras) Publicado: 27 de febrero de 2013
Tema 6.    X E O S F E R A   E   R I S C O S   X E O L Ó X I C O S   I N T E R N O S .  6.1. Dinámica da xeosfera  A  xeosfera  é  un  sistema  terrestre  de  estrutura  rochosa  que  serve  de  soporte  ou  base  ao  resto  dos  sistemas  terrestres  (hidrosfera, atmosfera e biosfera) situados sobre a súa parte máis superficial (litosfera).  Podemos observar a litosfera como un modelo caixa branca que  funciona con dous tipos de enerxía, xa que, ademais de recibir  a enerxía do Sol, xera enerxía interna e transmítea ao medio que a rodea. A xeosfera atópase nun estado de continuo cambio,  onde operan simultaneamente procesos xeolóxicos internos (formadores de novos relevos) e externos (destrutores do relevo),  que a manteñen nun estado de equilibro dinámico.    A. Procesos xeolóxicos externos Teñen  lugar  na  zona  máis  superficial  da  litosfera,  no  sistema  de  denudación,  sobre  o  que  actúan  os  diferentes  axentes  xeolóxicos  externos  (gases  atmosféricos,  auga,  xeo,  vento  e  seres  vivos),  realizando  accións  ou  procesos  xeolóxicos  (meteorización, erosión, transporte e sedimentación) cuxo resultado final é o modelado do relevo. A forza da gravidade inflúe sobre ditos axentes, favorecendo o transporte dos materiais desde as zonas elevadas ata as deprimidas.  A meteorización é a alteración física ou química das rochas in situ debida á acción dos axentes atmosféricos. Trátase, por tanto,  dun proceso estático cuxo resultado é a disgregación mecánica das rochas ou a variación na súa composición química. A erosión é un proceso dinámico polo cal os materiais resultantes da meteorización son desprazados ata zonas máis deprimidas  da superficie terrestre, onde, ao reducirse a enerxía do axente de transporte, se produce a súa sedimentación. O resultado da  erosión  e  da  sedimentación  é  a  modificación  do  relevo.  A  acumulación  progresiva  de  sedimentos  nas  concas  sedimentarias acaba por producir a litificación dos materiais, proceso que conclúe coa transformación en rochas sedimentarias.    B. Os procesos xeolóxicos internos  Os procesos xeolóxicos internos teñen lugar grazas á enerxía xeotérmica, cuxa manifestación máis evidente é a existencia dun  gradiente xeotérmico que é de 1ºC por cada 33 m de profundidade. Dito gradiente soamente se mantén durante os primeiros quilómetros, xa que de manterse constante, alcanzaríanse no centro da Terra unhas temperaturas moitísimo máis elevadas das  que en realidade existen.  A  enerxía  xeotérmica  terá  dúas  orixes:  unha  profunda,  cuxo  valor  é  uniforme  en  todo  o  planeta  e  que  se  debe  á  calor  residual, e outra cortical debida á desintegración nuclear, que varía duns lugares a outros, en función do maior ou menor  contido de elementos radiactivos das rochas existentes.   C. Factores de risco volcánico.  ‐Exposición.  A  aglomeración  da  poboación  nas  abas  dos  volcáns  é  a  causa  principal  de  que  o  desastre  sexa  maior  do  esperado.  ‐ Vulnerabilidade. Os países pobres son moito máis vulnerables ás catástrofes naturais.  ‐ Perigosidade.  Depende  do  tipo  de  erupción,  da  distribución  xeográfica  do  volcán,  da  área  total  afectada  e  do  seu  tempo de retorno.   □Perigos directos.  ‐ Os gases. Son o motor das erupcións porque se expanden e favorecen o ascenso doutros materiais. Son vapor de auga,  dióxido de carbono, dióxido de xofre, sulfuro de hidróxeno, nitróxeno, cloro e hidróxeno. Dependendo de cómo saian,  as erupcións serán máis ou menos perigosas.  ~ Danos: molestias respiratorias e morte por asfixia de persoas ou animais.  ‐ As  coladas  de  lava.  A perigosidade  das  lavas  está  en  función  da  súa  viscosidade.  As  lavas  ácidas  teñen  un  elevado  contido en sílice e son máis viscosas; son as máis perigosas porque orixinan erupcións violentas.  As lavas básicas teñen  menos  do  50  %  de  sílice  e  son  moi  fluídas;  a  súa  perigosidade  é  escasa  pois  orixinan  erupcións  pouco ...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Masas de fluidos en aceleraciones constantes
  • Las Membranas Son Más Mosaico Que Fluido
  • Tesis Clima Organizacional Mas Desempeñodocente
  • Más Allá Del Mosaico Fluido Y Su Doble Pared Lipídica
  • Riscos
  • Risc
  • Risc
  • Masa, Fluidos Y Gases.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS