Santo Andres De Teixido GALEGO

Páginas: 5 (1052 palabras) Publicado: 8 de abril de 2015

Laura Lorenzo Mosquera | nº15








Índice




Introdución
Historia
Lendas e constumes
Descripción do santuario
Bibliografía













Introdución
Nun enclave de pouca extensión, sobre os acantilados da costa atlántica do norte da provincia da Coruña atópase Santo André de Teixido, lugar pertencente á parroquia de Santa María deRégoa.
Santo André de Teixido, poboación do municipio de Cerdeira xunto a serra de A Capelada, forma parte da liña costeira que, dende a zona de Ferrol, diríxese ao cabo Ortegal. Este lugar de peregrinaxe, famoso en Galicia e case toda España, está situado nun singular paraxe etnográfico que conta cunha gran beleza natural.

A inmensidade do mar e a verticalidade dos acantilados que son un dos máisaltos de Europa continental, enmarcan ese territorio nun escenario prodixioso de monumentalidade paisaxística.

Dise que o tradicional santuario de Santo André de Teixido, cita obrigada de peregrinaxe para os galegos “A Santo André de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo”, representa para Galicia o que Santiago de Compostela significa para Europa.

Historia


A tradición conta queSanto André estaba triste, xa que o seu templo atopábase solitario e contaba con moi pouca devoción, en contraposición do santuario do Santiago Apóstol que contaba con moitos peregrinos e devoción. Santo André manifestou a súa pena, e un día apareceulle o Señor en compañía de San Pedro. Ao ver que Santo André estaba moi desanimado prometeulle que o seu templo sería visitado por todos os cristiáns,polo menos unha vez na vida.

Quédate eiquí San Andrés,
que de vivos ou de mortos,
todos te virán ver.

Desta forma Santo André de Teixido vincúlase ás grandes rutas de peregrinacións que recorrían o continente europeo.
A lenda relata que todos os peregrinos irán a Santo André de Teixidoporque:


“A Santo André de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo”

Outra lenda conta como Santo André embarrancou nos acantilados convertíndose a súa barca nunha rocha que hoxe en día coñecese como a barca de San Andrés. En compensación, Deus, concedeulle o santuario.







Lendas e costumes

Crese que non só as persoas vivas se constitúen enromeiros, senon que tamén os difuntos que non fixeron a peregrinaxe en vida, recorren o camiño dende a súa sepultura converténdose en
lagartixas, culebras, sapos, etc. Pero tamén nun obxeto material.

Un relato popular conta que tres mozos atoparon unha caveira no medio dun camiño, e sen respeto ningún, transladárona a patadas ata a porta do santuario. Ao chegar alí escoitaron como a caveira lles dabaas grazas xa que por sí sola non sería capaz de chegar ata alí.

Unha forma curiosa de peregrinar era a viaxe que se facía cun difunto espírito. Os parentes máis achegados daqueles que xa morreran e que non puideran cumprir a promesa de ir a Santo André de Teixido en vida, decidían realizala con el. Desta forma, presentábanse no cementerio para recoller a súa alma, avisando da súa partida con tresgolpes sobre a sepultura. Unha vez finalizada a romaría, aacompañábano de novo ao cemiterio.

En san Andrés están presentes costumes ancestrais que chegaron ata nós, onde podemos destacar:
Herba de namorar: esta dase nos arredores de Teixido, e din que é boa para solventar os problemas amorosos.


O ramo: unha das costumes consiste en volver da romaría co ramo de Santo André. O ramo consiste nunhavara de avelá e atadas con ela, varias ramas de teixo. Ao ramo tamén se lle pon algo de herba de namorar.
A fonte dos tres canos: tamén coñecida como fonte do santo. Según conta a lenda, o seu manantial nace debaixo do altar maior do santuario e as súas augas teñen efectos curativos para problemas cutáneos. Ademáis de transportar a auga en garrafas e bebela, tamén se mollan panos nela, hoxe...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • San Andrés de Teixido
  • Andrés de Santa Cruz
  • Andres de Santa Cruz
  • MARISCAL ANDRES DE SANTA CRUZ
  • Andrés De Santa María
  • Andres de Santa Cruz
  • San andres y santa catalina
  • Escuela De Comando Y Estado Mayor "Mariscal Andres De Santa Cruz"

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS