selectividad

Páginas: 4 (945 palabras) Publicado: 3 de febrero de 2014
SEPTEMBRO 2003- RESTAURACIÓN BORBÓNICA; FUNDAMENTOS
POLÍTICOS

Os documentos 1, 2, 3 e 4 pertencen ao comezo do período histórico coñecido como a
Restauración Borbónica en España. Esta novaépoca caracterízase pola volta da
monarquía a España e a instauración dun liberalismo doutrinario moi restritivo, o cal
utiliza como modelo político o sistema creado por Cánovas.
A I República españolativo lugar entre os anos 1873 e 1874. Este modelo
político tivo o seu fin debido ás numerosas frontes abertas que mantiña ( a división
dentro do partido republicano; comezo da Terceira GuerraCarlista; estalido da Guerra
de Cuba; revolución cantonalista no sur do país). Todos estes problemas causaron a
debilidade do réxime, que rematou no ano 1874 ante a proclamación, por parte do
xeneralMartínez Campos en Sagunto, de Afonso XII como rei de España. Á vez, este
xa firmara o Manifesto de Sandhurst (documento 1), no cal presentaba o seu programa
político, baseado no sistema ideado porAntonio Cánovas del Castillo. Así, en 1875, a
monarquía volve a España.
A volta da monarquía española veu dada por Cánovas. Este liberal conservador
aproveitou a inestabilidade política daRepública e o desagrado que causaba a certas
clases sociais para buscar apoios para a volta da coroa. Á vez, Cánovas ideou o sistema
político que rexería a España desde o reinado de Afonso XII (1875-1885)ata o comezo
da ditadura de Primo de Rivera (1923). Este sistema contiña como bases a coroa (peza
clave; exemplo de tradición e autoridade) e as Cortes (representantes da liberdade do
pobo).Desta forma, o novo sistema defendía un goberno de dobre confianza (o papel do
monarca e o papel das Cortes; para este último, utilizouse o fraude e caciquismo para
poder conseguir a maioría necesariapara o goberno); unha quenda pacífica entre os
dous partidos liberais ( o conservador, e liderado por Cánovas, e o liberal, dirixido por
Sagasta) para o goberno do país; e o transaccionismo ou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • selectos
  • Selectividad
  • selectividad
  • Selectividad
  • selectividad
  • Selectividad
  • Select
  • select

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS