Sustentabilidad

Páginas: 10 (2287 palabras) Publicado: 20 de mayo de 2012
2.1. DE QUE FALAMOS CANDO FALAMOS DE SUSTENTABILIDADE?
O concepto de sustentabilidade, é susceptible de diversas interpretacións.
En moitas ocasións, comprobamos como se usa o concepto de sustentabilidade cunha función puramente retórica, recorrendo ao mesmo para xustificar opcións ambientalmente prexudiciais. hai forzas que non só queren evitar que atinxa importancia política, senón que, acausa de intereses creados de orde económica e política, pretenden impor determinadas interpretacións do mesmo”. 3
Desenvolvemento sustentable é aquel que cubre as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades”.
En primeiro lugar, queremos salientar que a sustentabilidade ecolóxica que defendemos é de tipo forte. Estavisión avoga por manter intacto o capital natural, ao entender que non é xeralmente substituíble polo producido pola especie humana. Polo tanto, cómpre evitarmos a súa deterioración.
O ámbito espacial de referencia para nós é o global, é o conxunto do planeta. A procura da sustentabilidade a escala galega debe converxer coa procura da sustentabilidade a escala global. Non queremos un país coas súaspaisaxes moi ben coidadas, mais con estilos de vida e formas de producir que supoñan a degradación doutros territorios e a alteración do clima global, un país que sustente o funcionamento da súa economía na importación masiva e crecente de recursos (combustibles fósiles, minerais, alimentos...) e na apropiación dunha parte moi superior á que nos correspondería por poboación da capacidade deabsorción de dióxido de carbono (CO2) do planeta. Como afirma Jorge Riechmann, ““Ollos que non ven, corazón que non sente” non pode ser o lema dos movementos sociais críticos: pola contra, trátase de asumir responsabilidades.
O concepto de sustentabilidade co que nos identificamos comprende unha serie de elementos, entre os que destacamos os seguintes:
- A IMPORTANCIA DA AUTOLIMITACIÓN
O crecementoeconómico non pode rebordar os límites ambientais, non debemos esquecer que vivimos nun mundo con recursos esgotables e cunha capacidade limitada de asimilar os impactos da actividade humana. Nun planeta finito, non é posible o crecemento material indefinido, a expansión continuada da produción e o consumo, sen degradar as condicións das que depende a vida. A escala global, a escala do planeta, xasuperamos os límites ambientais, polo que é preciso facer un axuste ambiental da economía a nivel mundial.
- MÁIS ALÁ DO CRECEMENTO ECONÓMICO
Rexeitamos a asimilación entre desenvolvemento sustentable e crecemento económico sustentable ou sustentado. Estes dous conceptos claramente diferenciados a nivel académico non poden ser usados como análogos. O desenvolvemento sustentable implica unhanoción de benestar que inclúe tamén compoñentes non monetarias (calidade ambiental, cohesión social, saúde...), que non aparecen reflectidas nas oscilacións do Produto Interior Bruto. É posible o desenvolvemento sen crecemento do consumo de enerxía e de materias primas, sen destrución ambiental. É significativo que no Informe Brundtland non se usase a expresión "crecemento sustentable".
- UNCOMPROMISO FORTE COA EQUIDADE
É preciso repartir de forma xusta a riqueza e os beneficios e os custos ambientais para que, sen superar os límites ambientais, todas as persoas teñan a posibilidade de gozaren dunha vida saudable e confortable. A equidade humana ten dúas dimensións: xeracional (entre países, clases sociais, sexos e razas) e interxeracional (entre as xeracións actuais e as futuras). Estecompromiso coa equidade humana implica, por unha banda, unha importante redistribución, especialmente entre o Norte enriquecido e o Sur empobrecido e, pola outra, pensarmos no futuro, termos visión a longo prazo. Á xustiza humana cómpre engadir a xustiza interespecífica (entre a especie humana e o resto das especies). Debemos deixar espazo para que poidan vivir os seres vivos non humanos que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • sustentable
  • SUSTENTABILIDAD
  • Sustentabilidad
  • Sustentabilidad
  • sustentabilidad
  • sustentabilidad
  • Sustentabilidad
  • sustentabilidad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS