Tecidos

Páginas: 5 (1047 palabras) Publicado: 31 de enero de 2014











ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN.

2. NEURONAS.
2.1. FUNCIÓNS DAS NEURONAS.
2.2. CLASIFICACIÓN DAS NEURONAS

3. CELULAS DA GLÍA.
3.1. FUNCIÓNS DAS CÉLULAS DA GLÍA.
3.2. CLASIFICACIÓN DAS CÉLULAS DA GLÍA.

4. BIBLIOGRAFÍA.

1. INTRODUCCIÓN
Este tecido está formado por un conxunto de células especializadas presentes nos órganos do sistema nervioso.Constitúeno dous tipos de células: as neuronas, que son as que transmiten os impulsos nerviosos; e as células da glía, que cumpren tarefas de sostén, nutrición e defensa das células nerviosas. Este sistema subdivídese en dous:
Sistema nervioso central (SNC): cerebro, cerebelo, encéfalo, bulbo raquídeo e medula espiñal.
Sistema nervioso periférico (SNP)nervios e ganglios.

Complementariamente tamén seclasifica en:
Sistema somático: os impulsos orixínanse no SNC e transmítense directamente ó músculo esquelético a través das neuronas.
Sistema autómata: os impulsos que veñen do SNC transmítense a través dunha neurona a un ganglio. Unha segunda neurona formada neste leva o impulso ata o músculo liso, músculo cardíaco ou ganglio.

A súa función é a de captar os estímulos internos e externospara transformalos en impulsos nerviosos, interpretalos e elaborar unha resposta. Por outra parte, tamén se encarga de coordinar as funcións motoras, glandulares, viscerais e psíquicas do individuo.




2. AS NEURONAS
É un tipo de célula cuxa función principal é a excitabilidade eléctrica da súa membrana plasmática; reciben os estímulos e conducen os impulsos nerviosos en que ostransforman entre elas ou con outras células (ex: fibras musculares).
A súa estrutura divídese en:
Soma (ou pericarion): corpo celular central onde diversos orgánulos enchen o citoplasma que rodea ó núcleo. Estes son: ribosomas libres, ribosomas adheridos ó retículo rugoso, sustancia de Nissl, aparello de Golgi moi desenvolvido de vesículas aplanadas e agranuladas pequenas, lisosomas primarios esecundarios, mitocondrias pequenas e redondeadas que posúen normalmente cristas mitocondriais. O seu citoesquelete é rico en microtúbulos e filamentos intermedios.
Nel atópase tamén o núcleo, normalmente nunha posición central e facilmente visible. Posúe dous nucléolos, pero tamén cromatina dispersa. A envoltura nuclear ten poros nucleares e unha lámina nuclear moi desenvolvida. Entre elas podeatoparse en ocasións o accesorio de Cajal (estructura formada por acumulacións de proteínas).



Dendritas: prolongacións curtas de citoplasma envoltas por unha membrana plasmática sen mielina que xeralmente transmiten impulsos en dirección ó soma celular (corpo celular). A súa composición xeral é: numerosos microtúbulos, poucos neurofilamentos, moitas mitocondrias eabundantes grumos de Nissl.


Axón (ou cilindroeixe): prolongación longa que conduce os impulsos dende o soma deica outra neurona ou “órgano diana”. No sistema nervioso dos vertebrados atópase recuberto por células de Schwann (con ou sen melanina). Pódese dividir en:
Cono axónico: parte moi visible nas neuronas de gran tamaño.
Segmento inicial: comeza a mielinización externa.
Resto do axón:comezan a aparecer as sinapses.


2.1 FUNCIÓNS DAS NEURONAS
Estas transmiten impulsos eléctricos denominados “impulsos nerviosos” (ondas eléctricas orixinadas como consecuencia dun cambio transitorio da permabilidade da membrana plasmática).
A viaxe do impulso comeza nas dendritas, pasa por toda a neurona ata chegar ós botóns terminais que poden conectar con outra neurona, fibras muscularesou glándulas. A conexión entre dúas neuronas denomínase sinapse.
Este estímulo é captado nalgunha rexión sensorial e entrega certa información que conducen as neuronas e é analizada polo SNC ou o SNP segundo corresponda, o cal elabora unha resposta que é conducida por neuronas. A resposta pode ser: unha contracción muscular ou unha secreción glandular.

Impulso nervioso...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • TEC
  • Que Es Un TEC
  • TEC
  • Teca
  • Tec
  • Teca
  • Teca
  • Yo en Tec

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS