Teoría de Platón para Selectividad

Páginas: 32 (7800 palabras) Publicado: 13 de noviembre de 2014
1

FILOSOFÍA ANTIGA: PLATÓN

a

ÍNDICE

1. MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL
1.1. Marco histórico-cultural e filosófico da época de Platón
1.2. Cuestión contextual
- A formación da polis grega
- Antecedentes presocráticos
- Os sofistas e Sócrates
2. COMPRENSIÓN TEMÁTICA
2.1. A teoría platónica das ideas:
- Mundo sensible e mundo intelixible
- Graos de coñecemento
2.2. A concepciónpolítica de Platón:
- Antropoloxía platónica
- Vinculación da alma á cidade
3. CUESTIÓN TRANSVERSAL
- Relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas
da Historia da Filosofía
- Comentario persoal
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN CONTINUA
TEXTOS DE SELECTIVIDADE

Fachada do Partenón, na Acrópole de Atenas.

1

1.

MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL1.1. Marco histórico-cultural e filosófico da época de Platón
PLATÓN

naceu en Atenas o ano 427 a.C., dous anos despois da morte de Pericles, y morreu tamén

en Atenas o ano 347 a.C. A súa familia era de linaxe aristocrático. Durante a súa infancia e xuventude
levouse a cabo a Guerra do Peloponeso (431-404 a.C.), na que Atenas foi derrotada por Esparta.
A través de Cratilo, o seu primeiromestre en filosofía, coñeceu o pensamento de Heráclito. Máis
tarde, e durante oito anos, frecuentou o círculo de Sócrates. Tras a morte deste, auséntase varios anos
de Atenas, e amplía os seus coñecementos coa metafísica de Parménides acerca do ser, que os megáricos identificaran co ben, e coas doutrinas relixiosas e matemáticas dos pitagóricos.
Platón tivo tres experiencias políticas fracasadasna cidade siciliana de Siracusa, onde intentara levar á práctica o seu proxecto

Busto de Platón

político dun goberno de filósofos.
Fundou en Atenas a ACADEMIA, en cuxa porta mandou inscribir o seguinte lema: «Que ninguén entre aquí sen saber xeometría».
O xénero literario que Platón utiliza para expoñer o seu pensamento é o DIÁLOGO entre diversos personaxes históricos, o
máis importantedas cales é Sócrates. Nas súas obras vai evolucionando progresivamente desde o enfoque lóxico-moral do seu mestre cara a outro máis metafísico e
científico. Os diálogos divídense en catro grupos: de mocidade (Apoloxía de Sócrates), de transición
(Menón), de madurez (Fedón, Banquete, República, Fedro) e de vellez (Timeo).
O texto pertence a:
Menón, diálogo do período de transición, que tratasobre a virtude e se esta pode ou non ser ensinada.
República, diálogo do período de madurez, onde expón o seu pensamento ontolóxico e gnoseolóxico (teoría das Ideas e graos de coñecemento), así como as súas ideas morais e políticas (a
xustiza e a sociedade ideal).
Fedro, diálogo do período de madurez, que fala da Beleza, o amor e a natureza espiritual da
alma.

2

1.2. Cuestión contextual
Aformación da polis grega
A polis ou CIDADE-ESTADO constitúe o centro político, social e económico característico da civilización grega durante a época clásica (V-IV a.C.). De pequena extensión e poboación reducida, as polis
eran economicamente autárquicas e posuían autonomía política. Na época clásica as máis importantes
foron Atenas e Esparta, con dous sistemas políticos diferentes.
NaDEMOCRACIA ATENIENSE todos os cidadáns (os varóns adultos fillos de cidadáns) participaban, sen distinción de rango social ou riqueza, no goberno da polis. As principais institucións democráticas eran a Asemblea popular, o Consello dos 500 e os Tribunais de Xustiza. A participación
democrática caracterizábase pola rotación dos cargos, a brevidade do mandato, e a designación por
elección ou sorteo. Osprincipios fundamentais da democracia ateniense eran a liberdade (eleuthería),
a igualdade de palabra (isegoría) e a igualdade ante a lei (isonomía).

Reconstrucción da ágora de Atenas.

A OLIGARQUÍA ESPARTANA asentábase nun ríxido e severo programa educativo (agogé) ao que
estaban sometidos todos os cidadáns espartanos. Estes eran unha minoría aristocrática e dominante por
enriba dos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • REDACCIONES PLATÓN PARA SELECTIVIDAD
  • Contexto para Platón (Selectividad Andalucía)
  • Platón Selectividad
  • Selectividad. Platon.
  • Platon Selectividad
  • Platón (Selectividad)
  • Platón (para la selectividad)
  • para selectividad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS