tratamiento de residuos

Páginas: 10 (2351 palabras) Publicado: 3 de marzo de 2014
RECOLLIDA E TRATAMENTO DO ACEITE VEXETAL USADO


RESUMO.- Recollida e tratamento de aceite vexetal usado. Dada a cada vez maior importancia que as sociedades modernas lle están dando á correcta xestión dos seus residuos imponse a necesidade dun correcto tratamento para todo tipo de vertidos, van nesta dirección as directrices europeas ao respecto. De aí nace o proxecto de recollida de aceitesde fritura para a sua transformación en biodiesel e xabón que a asociación Plataforma Polo Emprego está a desenvolver nos concellos de Santiago, Teo, Ames e Lousame. O presente traballo analiza esta iniciativa, que se presenta como unha alternativa ecolóxica e rentable para a reciclaxe de un residuo altamete contaminante que na actualidade non está sendo tratado.

Palabras chave: recollida,tratamento, aceite vexetal, biodiesel, xabón, asociación Plataforma polo Emprego.




INTRODUCCIÓN

Na actualidade os aceites de frituras empregados tanto no sector servizos, na hostelería, como no sector doméstico, son eliminados dende as propias fontes de producción aos sistemas de recollidas de augas residuais das cidades, producindo uns aumentos importantes da carga orgánica para osefluentes acuosos, o que supón unha dificultade engadida para o proceso de recuperación desta auga nas plantas depuradoras e un costo económico no proceso de tratamento.
Dada a cada vez maior importancia que as sociedades modernas lle están dando á correcta xestión dos seus residuos imponse a lóxica da necesidade dun correcto tratamento de este tipo de vertidos, tanto pola sua cantidade como pola suacapacidade contaminante. Ademais, aínda que de momento non esté regulado como un residuo perigoso as directrices europeas van nesa dirección, como deixa indicado o “informe de opcións científicas e tecnolóxicas” do Parlamento Europeo nº 289.889 de febreiro do 2001. Todo isto fai supoñer que nun prazo temporalmente breve estos tipos de aceites van ter que ser sometidos a unha xestión medioambientalanáloga á que xa se está realizando con outro tipo de residuos, por esto sería interesante anticiparse a calquer normativa e dende o propio concello darlle unha resposta á xestión deste residuo.
No proceso de fritura, tanto no comercial como no doméstico, empréganse grandes cantidades de aceites a temperaturas elevadas, producindo contaminación dos aceites con residuos dos productos alimentariosusados ao tempo que se produce unha degradación do propio aceite polos mecanismos de hidrólise, oxidación, polimerización e degradación térmica das moléculas de tracilglicerol, así como unha degradación térmica e oxidativa dos esteroides.
Ainda que non existen estudios que recollan datos das cantidades de vertido de este tipo de producto que xenera unha cidade como Santiago de Compostela, autilización como materia prima na elaboración das comidas fai que a producción sexa elevada. Nunha enquisa que a asociación de hostelería fixo para a asociación Plataforma Polo Emprego resultou que se vertían cinco litros semanais por local, o que supón para os aproximadamente 825 locais un total de 16.500 litros mensuais, ao que habería que sumar o dos fogares, colexios, hospitais, etc.
O principaldestino que ata agora estaban tendo este tipo de residuos era na industria da alimentación animal, onde se empregaban os aceites de frituras usados como adherente nas pastillas de piensos. Nembargantes os recentes problemas no sector vacuno da Unión Europea, debido á transmisión da enfermidade das vacas tolas aos humanos, obrigou a un control moito máis estricto da alimentación animal e aoconsiguiente endurecemento das norvativas de control de calidade, o que fixo inviable a utilización de aceites de cociña usados sin reciclar na elaboración de alimentos ou piensos.
Nesta liña, a asociación Plataforma Polo Emprego, está a desenvolver dende hai uns anos unha iniciativa de recollida de aceite vexetal usado para a sua transformación en biodiesel.
A plataforma Polo Emprego é unha...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tratamiento de Residuos
  • tratamiento de residuos
  • Tratamiento de Residuos de anilina
  • El tratamiento de los residuos portuarios
  • Tratamiento residuos agricolas
  • Fluidización para tratamiento de residuos
  • TRATAMIENTO DE RESIDUOS GASEOSOS
  • tratamiento a residuos liquidos peligrosos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS